A literatura da bomba atómica (en ) é un xénero literario xaponés centrado no bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki.

Historia O termo genbaku bungaku comezou a empregarse na década de 1960. Os textos asociados ao xénero son moi variados: diarios, testemuños ou descricións documentais, así como poesía, dramas, novelas ou manga.

Existen tres xeracións de escritores da bomba atómica. En primeiro lugar, están os superviventes dos bombardeos, que escribiron sobre as súas propias experiencias. Entre eles, destacan Shinoe Shōda, Sadako Kurihara, Hiroko Takenishi e Kyōko Hayashi, que non escribiran nada antes da guerra, e Yōko Ōta, Tamiki Hara e Sankichi Tōge, que xa eran escritores profesionais antes do conflito. En segundo lugar, atópanse aqueles que escribiron sobre os bombardeos analizando os problemas individuais, sociais e políticos que produciron. Neste grupo, inclúense Yoshie Hotta, Momo Iida, Kenzaburō Ōe, Masuji Ibuse, Ineko Sata e Mitsuharu Inoue. En terceiro lugar, están os autores que miran o pasado coa mirada posta nun futuro posnuclear, como Kōbō Abe, Makoto Oda ou as últimas obras de Mitsuharu Inoue.

O primeiro texto literario deste xénero foi Katei no yō na hikari (en ), de Yōko Ōta, publicado o 30 de agosto de 1945 no Asahi Shinbun. Ao mes seguinte, unha directiva do Comandante Supremo das Potencias Aliadas impuxo a censura nos medios sobre temas polémicos, entre eles os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki. Xa que logo, libros como unha célebre escolma de poemas de Sadako Kurihara ou a novela Shikabane no machi (en ) da propia Ōta só puideron publicarse con fragmentos eliminados.

En 1983, Holp Shuppan editou Nihon no genbaku bungaku (), en 15 volumes, que recolle os textos de ficción e non ficción máis relevantes do xénero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Xéneros literarios