Mourad Daoudi El Ghezouani, nado en Balsapintada (Fuente Álamo de Murcia) o 27 de maio de 1998, é un futbolista que xoga como dianteiro no Elche, da Segunda División.

Traxectoria Nacido en Balsapintada (Fuente Álamo de Murcia), formouse como futbolista nas canteiras do EF Torre Pacheco e do Villarreal. O 5 de febreiro de 2017 debutou co Villarreal C na Terceira División nunha vitoria por 0-1 contra o CE Almassora.

En xullo de 2018 fichou polo Orihuela, da mesma categoría e un ano despois pasou ao Elche B. O 15 de decembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Elche na Segunda División, substituíndo a Josan no último minuto da derrota por 2-3 ante a UD Las Palmas.

Nas tempadas 2020/21 e 2021/22 xogou cedido no Alcoyano. Na tempada 2022/23 volveu saír cedido, desta vez ao Burgos, da Segunda División. Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados na Rexión de Murcia Categoría:Futbolistas da Rexión de Murcia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Orihuela CF Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do Burgos CF