Hiraku Nakajima, nado en Tokyo o 30 de novembro de 1962, é un matemático xaponés e profesor do Instituto Kavli para a Física e as Matemáticas do Universo na Universidade de Tokyo. É presidente da Unión Matemática Internacional para o período 2023-2026.
Obtivo o seu doutoramento na Universidade de Tokyo en 1991. En 2002 foi relator plenario no Congreso Internacional de Matemáticos en Pequín. Gañou o Premio Cole de 2003 en álxebra polo seu traballo sobre teoría da representación e xeometría. Demostrou a conxectura de Nekrasov.
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Unión Matemática Internacional Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo Categoría:Profesores da Universidade de Tokyo