María Sancha González, nada en Santibáñez de la Peña (provincia de Palencia) o 15 de outubro de 2001, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de primeira liña no CB Atlético Guardés. Traxectoria Formada no Fuentes Carrionas de Velilla del Río Carrión, no que anotou 106 goles en 14 partidos como xuvenil, na tempada 2019/20 recalou no Club León Balonmano, xunto con Ania Ramos. Na súa segunda e última temporada en León foi a máxima goleadora da División de Honor Prata con 201 goles. Desde a posición de central tivo rexistros anotadores de 15 e 16 tantos en varios partidos da temporada.

En 2021 fichou polo Atlético Guardés de Jose Ignacio Prades. Na súa segunda tempada co conxunto miñoto chegaron á final da Copa da Raíña, que perderon ante o CB Málaga. Na súa terceira temporada na Guarda o equipo chegou á final da EHF European Cup, e María Sancha anotou 21 goles na competición. Tras rematar primeiras na liga regular na tempada 2023/24, María Sancha asinou a renovación co Atlético Guardés.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Palencia

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do Atlético Guardés Categoría:Personalidades sen imaxes