miniatura|O senador Lloyd Bentsen (demócrata por Texas) foi o candidato á vicepresidencia na candidatura de Michael Dukakis. miniatura|O senador Dan Quayle (republicano por Indiana) foi elixido vicepresidente coa candidatura de George H. W. Bush. "Senador, vostede non é Jack Kennedy" foi unha frase pronunciada durante o debate vicepresidencial dos Estados Unidos de 1988 polo demócrata Lloyd Bentsen ao republicano Dan Quayle. "Jack Kennedy" era unha referencia a John F. Kennedy, o 35º presidente dos Estados Unidos. Desde entón, a frase, ou algunha variación desta, introduciuse no contexto político estadounidense para referirse a unha persoa que ten unha visión excesivamente importante de si mesma.
Contexto O debate ocorreu o 5 de outubro de 1988 no Auditorio Cívico de Omaha, no estado de Nebraska. Un dos mediadores abriu o debate afirmando que, «baseándonos na historia desde a segunda guerra mundial, as posibilidades de que un destes dous homes se converta no próximo presidente do país son do 50%».
Despois de que Quayle fose anunciado como posible vicepresidente do, daquela candidato George H. W. Bush, formuláronse cuestionamentos sobre a súa curta idade (41 anos naquel entón), a súa curta carreira como senador, o seu servizo na Garda Nacional e o seu nivel académico. A falta de experiencia de Quayle converteuse nun tema central do debate.
Un mediador cuestionou a suposta inexperiencia de Quayle e este respondeu que tiña aproximadamente a mesma idade e a mesma experiencia política que John F. Kennedy cando se presentou ás eleccións presidenciais de 1960. Bentsen respondeu a esta afirmación dicindo: «Senador, eu servín con Jack Kennedy, traballei con Jack Kennedy, Jack Kennedy era o meu amigo. Senador, vostede non é Jack Kennedy».
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:1988