O quitón (en grego antigo: χιτών / khitṓn; xenitivo singular: χιτῶνος / khitônos) ou túnica xónica é unha peza de roupa da antiga GreciaLajo Pérez (1990), p. 114 que podían levar tanto homes como mulleres. Ao principio, estaba feita de la, pero máis tarde comezou a facerse de liño e cada vez máis larga, para levarse cun cinto e para formar pregamentos decorativos, e mesmo fíbulas e botóns.Autenrieth (1984), p. 330Elderkin (1928), p. 334, 338 Descoñécese se se levaba algunha prenda máis por debaixo.Guhl & Koner (2002), p. 220

A introdución do liño fixo que as mulleres comezasen a preferilo ao peplo, como vemos en esculturas (por exemplo, a Kore de Eutídico ou o Auriga de Delfos) do século V a. C. As mulleres lévano longo, pero ás veces os homes poden levalo ata a altura dos xeonllos. Ás veces, usábase cun tipo de mantón chamado himation, moi popular entre os romanos, que o chamaban pallium.

Os romanos levaban a túnica, que estaba modelada no quitón.

Etimoloxía A palabra quitón deriva dunha lingua semítica central *kittān (por exemplo, no hebreo כֻּתֹּנֶת kuttṓnĕṯ),Blinderman (1990), p. 79 que en última instancia significa «liño».

Formas e estilos de uso Unha versión máis curta do quitón chamábase chitoniskos. esquerda|miniatura|Método de colocación dun quitón dórico (unha peza de roupa grega antiga) que é un simple rectángulo de tea, suxeito con alfinetes nos ombreiros e abrochado na cintura. Consistía nunha peza de tea rectangular que se colocaba arredor do corpo: para sacar o brazo dereito polo lado pechado, facíase unha abertura. Sobre o ombreiro esquerdo, os dous extremos do lado aberto atábanse mediante fíbulas. No lado esquerdo, a abertura deixaba a coxa exposta, debaixo da cal se suxeitaba o quitón con alfinetes ou se cosían os extremos.

Nas Korai do período arcaico, vese que levan un quitón longo, ademais do himation. Ao principio, o quitón dórico era máis curto e estaba feito de la, sen mangas. Máis tarde, o quitón xónico, xa presente na antiga Atenas, evolucionou cara a un quitón máis longo e elegante feito de liño. Gañou entón largo e podía levarse cun cinto ou unha cinta arredor das cadeiras. A parte inferior podía alongarse estirándoa por debaixo do cinto ou acurtarse estirándoa por riba. Máis tarde, durante a época de Pericles, os atenienses volveron adoptar o quitón dórico curto.

Tipos esquerda|miniatura|Bóreas representado cun quitón de manga longa na Torre dos Ventos. As mangas, que a miúdo se cosían ao quitón, podían cubrir os pulsos ou só a parte superior dos brazos. O quitón de mangas longas é usado por Escirón e Bóreas na Torre dos Ventos de Atenas.Guhl & Koner (2002), p. 221 O quitón de manga curta era usado habitualmente por nenos e mulleres, como se pode ver nas representacións artísticas. O quitón sen mangas era o emblema dos cidadáns libres. Segundo os escritos, os artesáns e os escravos levaban quitóns cos dous brazos expostos, así como a metade do peito.

Para os homes, podía cubrir a perna ata a metade da coxa ou baixar ata o pé. Podía decorarse con deseños xeométricos para as festas e levarse cun palio (un tipo de abrigo). Cando deixaba ambos os ombreiros descubertos, os homes libres podían distinguirse do resto.

As mulleres levábano longo. Coa chegada do liño, substituíu gradualmente o peplo de la, do que se diferenciaba en que xa non caía en pregamentos sobre o peito e levábase recollido na cintura cun cinto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Guhl, E.; Koner, W. (2002). Los griegos. Su vida y costumbres. Madrid: Edimat Libros. ISBN 84-8403-286-8.

Outros artigos

Himation Clámide Peplo

Categoría:Vestimenta