miniatura|Xardín botánico de Hangzhou, abril de 2025. Ponte de acceso.
O Xardín botánico de Hangzhou (杭州植物園 en caracteres tradicionais chineses) é un modelo da arquitectura botánica moderna da República Popular da China fundado en 1956. Atópase en condicións de apertura a visitas,baixo pago de entrada de 10 rmb, no norte da cidade de Hangzhou, no distrito do Lago Oeste ."West Lake Cultural Landscape of Hangzhou"
Historia Tras a construción de modernos xardíns botánicos en Beijing, comezos de 1956, e Guangzhou, o máis antigo datado de 1926, a construción do xardín botánico de Hangzhou en 1956 supuxo o avance do sistema de conservación botánico Chino. Propiedade da Oficina Municipal de Administración de Paisaxes e Reliquias Culturais de Hangzhou, mais xestionado pola Academia de Ciencias da China adícase á investigación botánica, á conservación de especies e á educación ambiental.
Estrutura do parque En 2011 acometeu unha renovación para lle dar cabida a máis especies de rododendros e atraer máis visitantes.
En primeiro lugar, ao eliminar algunhas outras variedades de árbores e arbustos, os arquitectos paisaxistas crean unha mellor condición para o crecemento dos pradairos e rododendros. A circulación orixinal era só un camiño a través do xardín sen ningunha área de descanso nin comodidades. Para dar cabida a máis visitantes, é necesario aumentar os camiños e as áreas de descanso para atraer á xente a entrar no xardín e observar de preto as plantas de diferentes especies.
Tendo en conta a pendente media do 6 %, os arquitectos paisaxistas deseñan un sistema de camiños en zigzag suave. Isto alonga moito a ruta turística. Pequenas plataformas e terrazas están instaladas nos lugares con pendente relativamente pronunciada e serven como áreas de descanso con muros para sentarse e paneis interpretativos. A elevación cambiante entre os muros horizontais e os camiños que flúen debuxan os cambios sutís do terreo. Os muros baixos tamén protexen os arbustos de rododendros evitando que os turistas crucen entre os camiños. As varandas están elaboradamente deseñadas nun estilo distintivo. En comparación co baixo muro de xisto, estes crean un contraste entre o oco e o sólido, e aumentan o nivel de complexidade espacial. Un gran número de rododendros diferentes están plantados ao longo dos camiños, plataformas e terrazas.
O xardín é coñecido por albergar máis de 1200 taxa, especies, de plantas medicinais.
En oposición ao que representa a xardinaría clásica chinesa (como os xardíns traducionais de Suzhou ou o xardín Yuyuan de Shanghai) que son espazos artístico que busca representar o mundo natural en miniatura, cun forte compoñente simbólico e estético. O Xardín Botánico de Hangzhou é un grande espazo natural con coleccións de plantas e utilízase para a investigación, a conservación e o lecer.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Xardíns da China