A American Mathematical Society (AMS) é unha organización dedicada ós intereses da investigación e patrocinio da matemática que xera varias publicacións e organiza conferencias, ademais de outorgar galardóns monetarios: o Premio Satter e o Premio Veblen.
A AMS é un dos catro membros da Joint Policy Board for Mathematics.
Historia
Impresionado pola visita realizada á Sociedade Matemática de Londres, Thomas Fiske fundou no ano de 1888 a Sociedade Matemática de Nova York. J.H. Van Amringe foi o seu primeiro presidente e Fiske o seu primeiro secretario. Rapidamente, a sociedade decidiu publicar unha revista, o Bulletin of the New York Mathematical Society, con Fiske como redactor xefe.
En 1891, a británica Charlotte Angas Scott converteuse na primeira muller en ingresar na AMS, daquela chamada Sociedade Matemática de Nova York. A sociedade reorganizouse co seu nome actual (American Mathematical Society) e converteuse nunha sociedade nacional en 1894, e ese ano Scott converteuse na primeira muller no primeiro Consello da sociedade.
Actualmente, a AMS conta con 30.000 membros en 130 países.
Premios A AMS concede os seguintes premios:
Premio Morgan Premio Cole Premio Oswald Veblen en Xeometría Premio Ruth Lyttle Satter de Matemáticas
Notas
Categoría:Asociacións de matemáticas Categoría:Rhode Island Categoría:1888