Ryan é unha curtametraxe animada e documental canadense de 2004 dirixida por Chris Landreth. O filme trata sobre o animador canadense Ryan Larkin, que vivira en skid row en Montreal como resultado do abuso de drogas e alcohol. O encontro casual de Landreth con Larkin en 2000 inspirouno a desenvolver o filme, que tardou 18 meses en completarse. Foi coproducido por Copper Heart Entertainment e a National Film Board of Canada (NFB), e a súa creación e desenvolvemento é o tema do documental da NFB Alter Egos. Incorporou material procedente de fontes do arquivo, especialmente os traballos de Larkin na NFB.
Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 77ª edición dos premios.Short Film Oscars:2005 Oscars
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada