El Periódico de Aragón é un xornal español, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, editado en Zaragoza. Fundado en 1990, e propiedade orixinalmente do Grupo Zeta, dende entón constituíu un dos principais xornais da rexión aragonesa.

Historia El Periódico de Aragón, fundado o 23 de outubro de 1990, non tardou en consolidarse como o segundo xornal de maior tirada na comunidade, tan só por detrás do Heraldo de Aragón.

A súa primeira exclusiva foi publicada o 24 de novembro de 1994, na que destapou que o goberno de Aragón abonara o 24 de novembro de 1993 dúas facturas por un valor total de 15 millóns de pesetas á empresa Diamond para que espiara a algúns membros do PSOE, como o entón alcalde de Zaragoza, Antonio González Triviño. En 1997 inauguráronse as instalacións centrais de El Periódico en Aragón na rúa Hernán Cortés de Zaragoza.Dalia Moliné es la nueva subdirectora de El Periódico de Aragón.

De ideoloxía progresista e aragonesista, El Periódico de Aragón foi a cabeza do Grupo Zeta en Aragón, que tivo un xornal deportivo, Equipo, clausurado no ano 2009. Outros proxectos, como unha destacada empresa de Internet chamada Dicom Medios, cuxo portal é RedAragon e unha produtora audiovisual, Zeta Audiovisual, cuxo principal e único cliente é a televisión autonómica aragonesa Aragón TV.

Entre os seus columnistas e xornalistas máis populares atopábanse:

Juan Bolea Joaquín Carbonell José Luis Trasobares Míchel Vallés

No ano 2008 o populoso columnista Mariano Gistaín deixou de colaborar e traballar para ese diario após unha frutífera traxectoria na súa columna La ciudad de las gaviotas.

Directores 1990-1992: Juancho Dumall Puértolas 1992-2003: Miguel Ángel Liso Tejada 2003-2018: Jaime Armengol Cardil 2018-2023: Nicolás Espada Ibáñez 2023-presente: Ricardo Barceló Lostes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web de El Periódico de Aragón.

Categoría:Zaragoza Categoría:Grupo Zeta Categoría:Xornais de Aragón