Adolfo Meléndez Cadalso, nado na Coruña o 2 de xuño de 1884 e finado en Madrid o 4 de xuño de 1968, foi un militar e dirixente deportivo galego, famoso por ser unha das primeiras figuras institucionais do Real Madrid, entidade que presidiu en dúas ocasións, de 1908 a 1916 e de 1939 a 1940. Pola súa destacada labor foi distinguido como presidente de honra da entidade en 1913.

Foi o único presidente do club xunto a Florentino Pérez, que ocupou o cargo en dous períodos non consecutivos.

Traxectoria Adolfo Meléndez foi o cuarto presidente do Real Madrid CF , daquela chamado Madrid Foot-Ball Club, tras a dimisión de Carlos Padrós en abril de 1907, aínda que non accedeu ao cargo ata a xunta extraordinaria celebrada o 5 de xaneiro de 1908. Ocupou o cargo ata 1914, período no que tamén participou na guerra do Rif.

En 1933 ascendeu a xeneral e en 1936 era Xefe de Intendencia e Ordenador de Pagos do Ministerio da Guerra en Madrid. Participou na guerra civil nas filas do bando franquista e foi feito prisioneiro en dúas ocasións.

En 1939 foi elixido por segunda vez presidente do Real Madrid, rematando este segundo mandato en 1940 coa difícil tarefa de reflotar o club despois dos graves problemas que o devastaron durante e despois da Guerra Civil, véndose obrigado a unha reconstrución da entidade a todos os niveis. Foi ratificado pola xunta directiva, que convocou unha asemblea da que o club partiu de cero. Sucedeuno no cargo Antonio Santos Peralba, o outro gran artífice da recuperación do club no que foi, quizais, o seu período máis duro a nivel institucional.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de presidentes do Real Madrid

Categoría:Nados en 1884 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1968 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Presidentes de clubs de fútbol de Galicia Categoría:Presidentes do Real Madrid