David Marks Bullowa, nado o 12 de febreiro de 1912 e finado o 12 de setembro de 1953, foi un numismático e comerciante de moedas estadounidense, especializado nas moedas conmemorativas e o papel moeda dos Estados Unidos."Bullowa, David M. (David Marks), 1912-1953 ". American Numismatic Society (Numismatics.org).Smith, P. (2012).
Traxectoria Bullowa cursou os seus estudos superiores no Teachers College da Universidade Columbia, onde se graduou en 1930, e posteriormente na Universidade de Wisconsin, en 1934."Obituaries: David Marks Bullowa, LM No. 55". En The Numismatist. Vol. 66. Nº 11. Novembro de 1953. Páxina 1.191.
Desde a súa adolescencia sentiuse atraído pola numismática e nesa época asistiu con frecuencia aos clubs numismáticos de Nova York e Bronx. En 1936 introduciuse no comercio de moedas e en setembro dese ano asociouse coa New Netherlands Coin Company, ata a súa incorporación á Armada con motivo da segunda guerra mundial. Superada a contenda, en 1946 adquiriu o negocio de Ira Reed e tamén parte do stock do comerciante Hanry Chapman. A partir dese ano estableceuse pola súa conta como comerciante e dirixiu os catálogos de diversas poxas numismáticas e ofertas de moedas por correo.
A súa carreira como numismático estivo moi vinculada á American Numismatic Association (ANA), da que foi elixido membro vitalicio en 1936 e en cuxo Salón da Fama ingresou en 1978. Tamén foi membro da American Numismatic Society."Past Numismatic Hall of Fame Inductees". American Numismatic Association (Money.org).
Bullowa foi director adxunto da revista especializada The Numismatist, editada pola ANA, e en 1938 publicou o seu traballo monográfico máis salientable, The Commemorative Coinage of the United States: 1892-1938,Bullowa, D. M. (1938). The Commemorative Coinage of the United States 1892-1938 [Numismatic Notes and Monographs 83]. American Numismatic Society. Páxinas i-ii, 1-192. considerado unha obra de referencia na numismática estadounidense desa época.
Vida persoal David M. Bullowa casou o 3 de maio de 1952 con Catherine Elias (1919-2017),"Obituaries: David Marks Bullowa, LM No. 55". En The Numismatist. Vol. 66. Nº 11. Novembro de 1953. Páxina 1.191. quen continuou durante toda a súa vida o seu labor como comerciante numismática emprendido xunto co seu marido.Smith, P. (2012). "Bullowa, Catherine Elias". En American Numismatic Biographies. Páxina 68.
Bullowa finou o 12 de setembro de 1953 aos 41 anos. Foi sepultado no cemiterio de Arlington, Delaware, Pensilvania."David M Bullowa". Findagrave.com
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Obituaries: David Marks Bullowa, LM No. 55". En The Numismatist. Vol. 66. Nº 11. Novembro de 1953. Páxina 1.191. Smith, P. (2012). "Bullowa, David Marks". En American Numismatic Biographies. Páxina 68.
Ligazón externa David M. Bullowa papers, 1915/1999
Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Personalidades sen imaxes