Sabino, en latín Sabinus, foi un poeta amigo e contemporáneo de Ovidio, a quen este menciona en dúas pasaxes das súas obras. Traxectoria Escribiu respostas a seis das chamadas Epistulae Herodium de Ovidio. Ovidio tamén dá noticia de dúas obras máis, unha delas probabelmente un poema épico chamado Trecén coa vida e aventuras de Teseo. É probábel que vivise na segunda metade do século -I e parece que xa estaba morto no ano 15, xa que Ovidio, nunha epístola escrita ese ano, menciona a súa morte1.Sabinus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p.687-688.
Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Poetas Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século I