I Love You, Honeybear é o segundo álbum de estudio do músico estadounidense Josh Tillman baixo o pseudónimo Father John Misty, publicado o 9 de febreiro de 2015 no Reino Unido e Europa a través do selo Bella Union, e o día seguinte no resto do mundo a través de Sub Pop. Producido tanto por Tillman como por Jonathan Wilson, este é o segundo álbum de estudio de Tillman desde a súa marcha de Fleet Foxes. O álbum tamén foi mesturado por Phil Ek e masterizado por Greg Calbi en Sterling Sound. Segundo Tillman, o disco é un álbum conceptual. I Love You, Honeybear recibiu unha ampla aclamación da crítica e foi clasificado como un dos mellores álbums de 2015 por numerosas publicacións.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Josh Tillman Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums producidos por Jonathan Wilson Categoría:Álbums de Sub Pop Records Categoría:Álbums de Bella Union