Lluís Amiguet, nado en Tarragona o 1964, é un xornalista español que colabora con La contra de La Vanguardia dende a súa creación en xaneiro de 1998.

Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Barcelona e en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Foi bolseiro de Rotary na Universidade de Nova York, profesor na Universidade Rovira i Virgili e profesor visitante en ESADE. Colaborou en Europe Today, National Geographic e The New York University Review of International Affairs da BBC.

En 2022, deu unha charla TEDx titulada La felicidad son momentitos; y la vida, apaños.

Notas

Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Tarragona