O Valencia Basket Club é un equipo de baloncesto feminino profesional da cidade de Valencia, España. Foi fundado en 2014 logo da desaparición do Ros Casares Valencia, e actualmente compite na Liga Feminina de Baloncesto (Liga Endesa), máxima categoría do baloncesto feminino español, e na EuroLeague Women. O Valencia Basket chegou á máxima categoría no ano 2018, e dende aquela gañou a competición en tres ocasións (2023, 2024 e 2025), ademais conquistou unha vez a Copa da Raíña (2024) e tres veces a Supercopa de España (2022, 2024 e 2025). A nivel internacional o equipo valenciano gañou a EuroCup (2021) e a SuperCup (2021). O equipo xoga os seus partidos como local no Pavelló Font de Sant Lluís, recinto con capacidade para 9 000 persoas.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto da Comunidade Valenciana Categoría:Valencia