Robert Blair Mayne, nado o 11 de xaneiro de 1915 e finado o 14 de decembro de 1955, máis coñecido como Paddy Mayne ou familiarmente como Blair, foi un oficial do exército británico de Newtownards, Irlanda do Norte. Foi campión de boxeo afeccionado, cualificouse como avogado e xogou coa selección de rugby de Irlanda e dos British and Irish Lions antes de converterse en membro fundador do Special Air Service (SAS).

Servindo con distinción durante a segunda guerra mundial, Mayne converteuse nun dos oficiais máis condecorados do exército británico. Denegáronlle de xeito controvertido a Cruz Vitoria, unha condecoración que, segundo o rei Xurxo VI, «tan estrañamente se lle escapaba».

Notas

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Militares