A proteína activadora da araquidonato 5-lipoxixenase, máis coñecida como proteína activadora da 5-lipoxixenase ou FLAP, é unha proteína que nos humanos está codificada no xene ALOX5AP do cromosoma 13.
Función
A FLAP é necesaria para a activación da 5-lipoxixenase e, polo tanto, para a produción de leucotrienos, ácido 5-hidroxieicosatetraenoico, ácido 5-oxo-eicosatetraenoico e mediadores pro-resolución especializados das clases da lipoxina e resolvina. É unha proteína integral de membrana situada na membrana nuclear. A FLAP cómpre para a síntese de leucotrienos, que son lípidos mediadores da inflamación que están implicados en doenzas respiratorias e cardiovasculares. A FLAP funciona como áncora de membrana para a 5-lipoxixenase e como proteína que se une a aminoácidos. Non se complende totalmente como fai a FLAP para activar a 5-lipoxixenase, mais sábese que hai unha interacción física entre as dúas. A estrutura da FLAP consiste en 4 hélices alfa transmembrana, pero atópanse en trímeros formando un barril. O barril é duns 60 Å de alto e 36 Å de ancho.;
Importancia clínica Os leucotrienos para seren sintetizados necesitan a proteína FLAP e teñen un papel patolóxico en doenzas alérxicas e respiratorias. As evidencias xenéticas animais e humanas suxiren que poden ter tamén un importante papel na arteriosclerose, infarto de miocardio, e accidente cerebrovascular. A estrutura da FLAP proporciona unha ferramenta para o desenvolvemento de novas terapias para a doenzas respiratorias e cardiovasculares e para o deseño de experimentos enfocados a investigar a bioloxía celular da FLAP e o seu papel na biosíntese de leucotrienos.
Inhibidores AM-679 MK-886 Veliflapon (BAY X1005)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Proteínas periféricas de membrana Categoría:Proteínas humanas Categoría:Eicosanoides