A citocalasina D é un membro da clase de micotoxinas coñecidas como citocalasinas. A citocalasina D é un alcaloide producido por Helminthosporium e outros mofos.
A citocalasina D é unha substancia que pode permear a célula e un inhibidor potente da polimerización da actina. Distorsiona os microfilamentos de actina e activa as vías dependentes de p53 causando a detención do ciclo celular na transición G1-S. Crese que se une ao polímero de actina F e impide a polimerización dos monómeros de actina.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Micotoxinas Categoría:Inhibidores da actina Categoría:Ésteres do acetato Categoría:Compostos de vinilideno