José Bolaño Pérez, nado en Lugo en 1861 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1931, foi un empresario e político galego, militante do republicanismo.
Traxectoria Foi presidente do consello de administración da empresa La Transportadora del Tronceda cando se constituíu en 1925. miniatura|Pagamento de cota mensual da Alianza Republicana Lugo a cargo de José Bolaño Pérez. Durante algúns anos presidiu a sociedade Círculo das Artes de Lugo. miniatura|Necrolóxica en La Voz de la Verdad. En 1931 pertenceu á Alianza Republicana de Lugo, e chegou a ser presidente da comisión xestora interina que se formou no mes de abril de 1931 no concello de Lugo, tras a proclamación da Segunda República Española. No momento do seu falecemento era presidente da Asociación de Propietarios da provincia de Lugo.
Notas
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Empresarios de Galicia