O Ilves Special Hockey é un equipo de special hockey da cidade de Tampere, Finlandia. O equipo foi fundado en xaneiro de 2023 e é parte do club polideportivo do mesmo nome.

Historia O impulsor desta actividade foi Tommi Lundgren, quen traballaba con nenos, nenas, mozos e mozas con diversidade funcional intelectual, e que anos antes xa organizara unha activiadade similar cos Ässät de Pori. Pola súa banda, a directora do equipo, Tanja Lundgren, traballaba como profesional de benestar infantil, ademais de ser directora do Centro de Apoio Familiar de Kissanmaa.

O equipo fundouse en xanero de 2023 e o día 2 de febreiro realizou os seus primeiros adestramentos. A pesar de presentarse a actividade como unha proba, en outono de 2023 conseguiu consolidarse con máis de vinte participantes de entre 5 e 25 anos dirixidos por Tommi Lundgren na pista de Sentteri, no barrio de Kaukajärvi.

O equipo organiza partidos e torneos contra outros equipos do país, como Ässät, TPS, Lukko ou Kärpät.

Participantes O equipo realiza actividades con nenos, nenas, mozos e mozas de entre 5 e 25 anos con diversidade funcional intelectual, TDA-H, síndrome de Asperger, discapacidade auditiva, con necesidades de apoio psicosocial ou motor, ou con órtese de pé, entre outras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do hóckey sobre xeo no Ilves

Categoría:Tampereen Ilves