Isaac Pin Vilares, nado en San Bernabel (Baleira) o 22 de marzo de 1903 e finado na Coruña o 29 de outubro de 1990, foi un mestre galego.
Traxectoria Exerceu como mestre en varios concellos da provincia de Lugo: Doade (Sober) en 1927,El Ideal Gallego, 6-12-1927, p. 5. A Fonsagrada, A Ribeira de Piquín e Rosende (Sober). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en setembro,BOP Lugo, 30-9-1936, p. 1. e reposto en outubro de 1937.BOP Lugo, 14-10-1937, p. 1. Primeiro estivo preso na prisión provincial de Lugo dende o 6 de xuño de 1937, logo trasladárono á prisión do partido de Monforte de Lemos. Tamén foi sancionado sen emprego e soldo e inhabilitado cinco anos para cargos públicos e o exercicio do ensino, acusado do delito de rebelión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 21-4-1941, p. 1555. Rehabilitado, foi director da Agrupación Escolar da Fonsagrada dende os anos cincuenta. Finou na Coruña o 29 de outubro de 1990.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-10-1990, p. 56.
Vida persoal Fillo de Manuel Pin e Carmen Villares. Casou con Asunción Fernández Luna e foi pai de Lidia, María del Carmen e Nazario Pin Fernández.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en represión Franquista en Lugo
Expediente procesual de Isaac Pin Villares. Prisión do Partido de Monforte de Lemos.
Expediente procesual de Isaac Pin Villares. Prisión Provincial de Lugo.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1990