Isidro de Benito Domínguez, finado o 17 de abril de 1932, foi un arquitecto español, activo en cidades como Madrid e Ávila. Traxectoria miniatura|Monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela: o arquitecto foi Isidro de Benito e o escultor Francisco Clivillés. Fillo do industrial e político valisoletano Isidro Bonifacio Benito Lapeña. O seu título de arquitecto, obtido na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, data de 1896. A súa obra concéntrase nas cidades de Madrid e de Ávila, nas que desenvolveu diferentes estilos: eclecticismo, modernismo e certo clasicismo, se ben destaca como representante do modernismo na arquitectura abulense. Falecido o 17 de abril de 1932, casara en 1901 con Carmen Torres París e era fillo dun senador por Ávila, Isidro Benito Lapeña, que lle sobreviviu.
En Madrid proxectou, por exemplo, unhas vivendas con fachada ás rúas del Mesón de Paredes e de Miguel Servet, moi alteradas a día de hoxe, mentres que en Ávila, cidade que tamén fotografou, foi responsable da erección do Panteón Juan Sánchez Monge e interviría na construción da Fábrica de la Luz.Sobre a actividade en Ávila de Isidro Benito vid. artigo de Jesús Mª Sanchidrián Gallego publicado no Diario de Ávila o 6 de agosto de 2018, pp. 10-11 Tamén se encargou de proxectos en Santiago de Compostela, por exemplo nunha colaboración co escultor Francisco Clivillés Serrano para a erección dun monumento na honra de Rosalía de Castro, en Toledo, onde proxectaría o edificio do Banco Central da rúa do Comercio, e Albacete, con outro Banco Central, ademais dunha igrexa na localidade abulense de La Parra. cfr.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Sanchidrián Gallego, Jesús Mª. "Isidro Benito y su huella modernista. El arquitecto madrileño fue un hombre seducido por la riqueza monumental de Ávila". En Diario de Ávila, lunes 6 de agosto de 2018, pp. 10-11.
Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados en ano descoñecido