Carmen Quinteiro Moreno, coñecida como Carmen Quinteiro, nada en Pontevedra en 1970, é unha poeta e mestra galega.
Traxectoria
É mestra de Educación Primaria no CEIP A Xunqueira I, onde promove un modelo educativo baseado na expresión artística, a empatía e o respecto pola diversidade. A súa poesía, caracterizada pola brevidade e intensidade, atopou nas redes sociais un espazo para conectar cun público amplo e diverso. Participou en recitais poéticos e programas de radio.
Obras
Caleidoscopio (2015). Editado por Gráficas Anduriña en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Composto por microrrelatos, aforismos, hiperbreves e poemas. ISBN 978-84-606-7709-3. Ilustracións de Dictinio de Castillo-Elejabeytia Gómez. Desde esta orilla (2016). Autoedición. 125 páxs. ISBN 978-84-617-5560-8. Bajo la lluvia no pesan las historias (2019). Ed. Señor de provincias. 125 páxs. ISBN 978-84-121124-0-5. Compracer nunca, con pracer sempre (2025). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457549-8. Poemario bilingüe (galego-castelán) que foi escollido pola Deputación de Pontevedra como base para a campaña contra as agresións sexuais.
Premios e recoñecementos
2020: Recoñecida como a cuarta mellor mestra de Primaria de España nos Premios Educa Abanca, coñecidos como os “Goya da educación”, polo seu enfoque innovador e humanista no ensino. miniatura|Participantes na Lonxa de versos 2025 (Pontevedra): Carmen Quinteiro Moreno, João Pedro Azul, Charo Valcárcel, Aurelino Costa, Xaime Toxo, Olga Santos, Armando González López, Elisabeth Oliveira (de esquerda a dereita)2021: “Galega Destacada” pola asociación Diálogos 90, en recoñecemento ao seu labor docente e compromiso coa igualdade e a cultura.
Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1970 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega