miniatura|Demostración da ventilación manual por medio dunha máscara de válvula e bolsa (balón de ventilación ou AMBU). A parada respiratoriaDiccionario Galego de Termos Médicos. Real Academia de Cirurxía e Medicina de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística. Santiago de Compostela, 2002. Páxina 571. Parada - P. respiratoria. é a ausencia de fluxo de aire nos pulmóns, por ausencia de movementos respiratorios. É unha grave condición médica causada por apnea ou disfunción respiratoria o suficientemente grave como para non poder manter as necesidades de oxíxeno do corpo (como na respiración agónica). Unha apnea prolongada dáse cando o paciente deixou de respirar por un longo período de tempo. Se a contracción do músculo cardíaco está intacta, a condición coñécese como parada respiratoria. Unha parada abrupta do intercambio de gases pulmonar que dure máis de cinco minutos pode danar permenentemente órganos vitais, especialmente o cerebro. A falta de oxíxeno no cerebro causa a perda de consciencia. Os danos cerebrais son probables se a parada respiratoria non se trata durante máis de tres minutos, e a morte é case segura se é durante máis de cinco minutos.
Os danos poden ser reversibles se se tratan debidamente. A parada respiratoria é unha emerxencia médica que pon en risco a vida que require unha atención médica e xestión inmediatas. Para salvar un paciente en parada respiratoria, o obxectivo é restaurar unha adecuada ventilación e impidir maiores danos. As intervencións de xestión inclúen subministración de oxíxeno, abrindo vías aéreas e o uso de medios de ventilación asistida. Nalgúns casos, unha parada respiratoria inminente pode predeterminarse por signos que mostra o paciente, como o aumento dos esforzos para poder respirar. A parada espiratoria ocorre unha vez que o paciente esta esgotando as súas reservas de oxíxeno e desaparece o esforzo de intentar respirar.
A parada respiratoria debería distinguirse da insuficiencia respiratoria. A primeira refírese ao cesamento completo da respiración, mentres que a insuficiencia é a incapacidade de proporcionar unha ventilación axeitada para as necesidades do corpo. Sen intervención, ambas poden levar a unha diminución do oxíxeno no sangue (hipoxemia), elevación do nivel de dióxido de carbono no sangue (hipercapnia), inadecuada perfusión de oxíxeno aos tecidos (hipoxia), e poden ser mortais. A parada respiratoria é tamén diferente da parada cardíaca, a imposibilidade de contracción do músculo cardíaco. Se non se trata, unha pode orixinar a outra.
Signos e síntomas Un signo común de parada respiratoria é a cianose, na cal a pel perde a súa cor normal e adquire un ton azulado como resultado da cantidade inadecuada de oxíxeno que hai no sangue. Se a parada respiratoria permanece sen tratamento, producirase unha parada cardíaca despois duns poucos minutos de hipoxemia, hipercapnia ou ambas. Nese momento, os pacientes estarán xa inconscientes ou a punto de perderen a consciencia.
Os signos e síntomas de compromiso respiratorio poden diferir en cada paciente. As complicacións do compromiso respiratorio están aumentando rapidamente no espectro clínico, en parte debido á expansión do uso de opiáceos combinada coa falta de directrices estandarizadas entre especialidades médicas. Aínda que o compromiso respiratorio crea problemas que son a miúdo graves e potencialmente mortais, estes poden impedirse coas ferramentas e os enfoques apropiados. Unha monitorización apropiada do paciente e boas estratexias terapéuticas son necesarias para un rápido recoñecemento, intervención e tratamento.
Causas Obstrución das vías aéreas: a obstrución pode ocorrer nas vías superiores ou inferiores. Vías aéreas superiores: a obstrución das vías aéreas superiores é común en meniños de menos de 3 meses porque respiran polo nariz. O bloqueo nasal pode levar doadamente a unha obstrución das vías superiores en meniños. Noutras idades, a obstrución das vías aéreas superiores pode producirse por culpa dun corpo estraño ou dun edema na farinxe, larinxe ou traquea. En casos de diminución ou perda total da consciencia, a lingua pode perder o seu ton muscular e obstruír a vía aérea superior. Outras causas potenciais de obstrución son tumores do tracto respiratorio superior (cavidade oral, farinxe, larinxe), fluídos corporais (sangue, moco, vómito), e trauma da vía aérea superior. O tipo máis común de tumor do tracto respiratorio superior é o carcinoma de célula escamosa, e os maiores factores de risco para esta condición son o consumo de alcohol e tabaco, e outro importante factor de risco é a infección por papilomavirus humano (HPV) (xenotipo 16). Un estudo epidemiolóxico duns 5 millóns de casos de traumas de cabeza e pescozo nos Estados Unidos que orixinaron visitas a urxencias atopou que a maioría ocorre debido a caídas ou forza contundente, sendo as máis comúns na poboación pediátrica as lesións por penetración de corpo estraño. Vías aéreas inferiores: poden ocorrer por broncoespasmo, afogamento ou trastornos para encher os espazos aéreos (por exemplo, pneumonía, edema pulmonar, hemorraxia pulmonar). As condicións obstrutivas da vía aérea inferior, incluíndo a asma grave ou episodios de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), poden tamén levar a unha parada respiratoria. Durante estes episodios, coñecidos como exacerbacións, a resistencia das vías aéreas aumenta debido a cambios inflamatorios nos pulmóns. Isto leva a un incremento dos esforzos para respirar e diminución da entrega de oxíxeno aos tecidos. Na asma isto implica a constrición bronquiolar, mentres que na EPOC isto implica o colapso das vías aéreas pequenas durante a expiración e o subseguinte atrapamento do aire. Un dos xeitos en que o corpo intenta compensar este incremento das demandas respiratorias é incrementando a frecuencia respiratoria, o cal á súa vez empeora a fatiga muscular respiratoria do diafragma e pode finalmente orixinar unha parada respiratoria e a morte se non hai intervención médica no seu debido momento. Diminución do esforzo respiratorio: a distorsión do sistema nervioso central leva a unha diminución do esforzo respiratorio. O centro respiratorio do cerebro está localizado na ponte e bulbo e é estimulado principalmente pola elevación dos niveis de dióxido de carbono no sangue (hipercapnia) e a diminución dos niveis de oxíxeno (hipoxemia), que serve como estímulo menos potente. Os trastornos do sistema nervioso central, como un accidente cerebrovascular ou un tumor, poden causar hipoventilación. Os fármacos poden diminuír tamén o esforzo respiratorio, como os opiáceos, hipnóticos sedantes, e alcohol. Este menor impulso respiratorio suaviza a resposta do centro respiratorio do cerebro á hipercapnia. Os trastornos metabólicos poden tamén diminuír os esforzos respiratorios. A hipoglicemia e a hipotensión deprimen o sistema nervioso central e comprometen o sistema respiratorio. Debilidade dos músculos respiratorios: os trastornos neuromusculares poden causar debilidade dos músculos respiratorios, como unha lesión da medula espiñal, enfermidade neuromuscular, e fármacos que realizan un bloqueo neuromuscular. A fatiga dos músculos respiratorios poden tamén levar a unha debilidade do músculo respiratorio se os pacientes respiran a un 70 % da súa ventilación voluntaria máxima. Respirar durante un amplo período de tempo preto da capacidade máxima pode causar acidose metabólica ou hipoxemia, o que finalmente orixina debilidade dos músculos respiratorios. Parada cardíaca, que (independentemente da razón subxacente) produce unha parada respiratoria en cuestión de minutos.
Diagnose A diagnose require unha avaliación clínica como se indica a continuación.
Avaliación inicial Se o paciente pode responder verbalmente, compróbase que as vías aéreas están polo menos en parte libres e que o paciente respira (por tanto, non está aínda en parada respiratoria). Pero se o paceinte non responde, obsérvase a elevación do peito para saber se está respirando activamente. O médico tamén comproba o pulso na arteria carótide, radial ou femoral para asegurar que se trata só de parada respiratoria e non de parada cardiopulmonar. Unha vez que se determinou que o paciente está en parada respiratoria, os seguintes pasos servirán para identificar a causa da parada.
Despexar e abrir as vías aéreas superiores miniatura|Manobra de Heimlich para expulsar un corpo estraño que obstrúe as vías áereas. O primeiro paso para detrminar a causa da parada é despexar e abrir as vías aéreas superiores colocando correctamente a cabeza e pescozo, para o cal o médico eleva lixeiramente o pescozo do paciente coa cara mirando para arriba e queixo e mandíbula elevados. Se se sospeita que puidese haber lesión no pescozo ou medula espiñal, o médico debe evitar que estas manobras produzan algún dano neurolóxico. O médico estabiliza a zona cervical de forma manual ou cun colar C. O colar C pode facer que a ventilación sexa máis difícil e pode incrementar a presión intracranial, polo que ás veces pode ser preferible a estabilización manual. Se se detecta que hai algún corpo estraño, o médico pode sacalo cos dedos da orofarinxe e con succión con coidado para que non se meta máis dentro. Se o corpo estraño está moi profundo poden utilizarse fórceps Magill ou succión. Para desaloxar o corpo estraño pode utilizarse a manobra de Heimlich (empúrrase o abdome presionando manualmente ata despexar a vía aérea). Para iso, se o paciente está consciente o médico colócase por detrás, abrázao cos brazos na parte media dianteira do paciente e empurra supetamente o abdome facendo forza coas mans e brazos.
Tratamento O tratamento varía dependendo da causa da parada respiratoria. En moitos casos, é necesario establecer unha vía aérea alternativa proporcionando ventilación artificial que pode incluír algún dos varios modos de ventilación mecánica ou asistida. Hai moitas maneiras de proporcionar unha vía aérea e de dar apoio respiratorio. A lista de abaixo inclúe algunhas das opcións.
Sobredose de opiáceos
Á veces o tratamento é a administración de fármacos, como nos casos de sobredose de opiáceos, que é unha causa importante de morte. En casos nos que a sobredose orixina unha parada respiratoria, o tratamento recomendado segundo as directrices de 2015 da Asociación Americana do Corazón é administrar naloxona intramuscular ou intranasal a unha dose inicial de 0,04-0,4 mg. A dose pode repetirse ata os 2 mg se a dose inicial non foi efectiva. Debe terse unha consideración especial en individuos con dependencia a opiáceos, xa que a administración de naloxona pode inducir unha forte retirada ou abstinencia do opiáceo, de aí que se recomende a dose de inicio mencionada. O obxectivo da terapia con naloxona é recuperar o impulso respiratorio do individuo, aínda que pode necesitarse aínda ventilación mecánica durante a resucitación inicial.
Aparellos de ventilación de máscara de válvula e bolsa miniatura|Os resucitadores manuais ou AMBU constan de máscara, válvula e bolsa de ventilación.