Tanekra é unha organización política canaria de esquerda. Defende a independencia das Canarias libre e socialista, fronte ao estado español. Naceu publicamente o 22 de outubro de 2021, coincidindo co aniversario do día da bandeira nacional das Illas Canarias. O nome significa en tamazigh “revolta”. Nas súas redes sociais afirman que nace co obxectivo de construír un país canario para unha clase traballadora diversa, feminista e libre de toda opresión.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Partidos políticos das Canarias Categoría:Partidos nacionalistas canarios