José Gragera Amado, nado en Xixón o 14 de maio de 2000, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Espanyol, da Primeira División.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no equipo do seu colexio, o La Asunción CF, onde coincidiu con Gaspar Campos, Guille Rosas e Pablo García. Con oito anos ingresou na canteira do Sporting de Gijón e foi subindo polas diferentes categorías do club durante os seguintes 10 anos. O 16 de decembro de 2017 debutou co Sporting B na Segunda División B, entrando como substituto de Pedro Díaz no último minuto dunha vitoria por 1-0 contra o Arenas de Getxo. Subiu definitivamente ao filial na tempada 2018/19, na que disputou 32 partidos, e marcou o seu primeiro gol nunha vitoria por 2-0 contra o Izarra.

O 8 de xuño de 2019 debutou co primeiro equipo do Sporting na derradeira xornada da Segunda División, substituíndo de novo a Díaz nunha derrota por 1-0 contra o Cádiz CF no Molinón. Na tempada 2019/20 continuou no filial e disputou a maiores catro partidos co primeiro equipo, ao que se acabou incorporando para a tempada seguinte. Marcou o seu primeiro gol na categoría de prata o 20 de setembro de 2020, convertendo o único gol do partido nunha vitoria fóra contra o Cartagena en Cartagonova. Axiña se asentou na titularidade e durante os seguintes anos acadou os 97 partidos co equipo asturiano, co que marcou catro goles.

O seu bo rendemento chamou a atención da Primeira División e no mercado invernal da tempada 2022/23 foi traspasado ao Espanyol que pagou arredor de tres millóns de euros polo 70% dos seus dereitos. Asinou un contrato de cinco anos e medio co club catalán, que pelexaba pola permanencia. Debutou co equipo do galego Diego Martínez o 4 de febreiro, xogando a última media hora nun empate a un gol na casa contra Osasuna e marcou o seu primeiro gol na máxima categoría o 18 de marzo, nunha derrota por 3-1 ante o Celta de Vigo. Pechou a súa primeira media campaña en Primeira cun total de nove encontros, cinco deles como titular, e un gol, pero non puido evitar o descenso do seu equipo.

Na tempada 2023/24 asentouse na titularidade en Segunda, e xogou un total de 36 partidos. Con Manolo González no banco, disputou a promoción de ascenso, saíndo de inicio nos catro encontros, e conseguiu regresar á máxima categoría tras derrotar na final ao Oviedo. Na seguinte campaña participou nas primeiras 10 xornadas de liga, ata que unha lesión nunha deda o obrigou a pasar polo quirófano. A recuperación alongouse máis do previsto e non volveu vestir a camiseta do equipo no que restaba de tempada.

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Deportivo da Coruña, de Segunda. Chegou como unha das incorporacións importantes do verán e foi titular nas primeiras tres xornadas, pero foi perdendo peso nas aliñacións ata desaparecer case por completo dos plans de Antonio Hidalgo, chegando a xogar só un minuto en toda a segunda volta. Disputou un total de 14 encontros co club coruñés, que acabou ascendendo á Primeira División.

Selección nacional O 14 de novembro de 2018 debutou coa selección española sub-19, nun partido amigable contra Noruega. En novembro de 2021 estreouse coa selección sub-21, da man de Luis de la Fuente ante Malta, substituíndo na segunda metade a Unai Vencedor. Durante o seguinte ano disputou outros catro encontros internacionais co conxunto sub-21.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de Copa Federación e promoción de ascenso a Primeira División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesSporting de Gijón B2017/18Segunda B10 - -30402018/19Segunda B321 - -513722019/20Segunda B230 - - - -230Total club5610081642Sporting de Gijón2018/19Segunda1000 - -102019/20Segunda4000 - -402020/21Segunda32110 - -3312021/221ª RFEF 37 1 20 - - 3912022/23Segunda 14 2 30 - - 172Total club8846000944Espanyol2022/23Primeira9100 - -912023/24Segunda30120403612024/25Primeira10000 - -100Total club4922040552Deportivo da Coruña2025/26Segunda11030--140Total carreira 204 7 11012 1 2278

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21