Michael Levitt, nado en Pretoria, Suráfrica o 9 de maio de 1947, é un físico e biofísico surafricano (nacionalizado estadounidense, británico e israelí). En 2013 recibiu o Premio Nobel de Química xunto con Arieh Warshel e Martin Karplus polo desenvolvemento de modelos e programas informáticos que permiten comprender e predicir o comportamento de complexos procesos químicos.

Desde 1987 é catedrático de bioloxía estrutural na Universidade Stanford de California.The Nobel Prize in Chemistry 2013

Traxectoria Levitt naceu en Pretoria (Suráfrica) no seo dunha familia xudía. Graduouse en 1967 no King's College de Londres e doutorouse en biofísica pola Universidade de Cambridge en 1971. Traballou no Instituto Weizmann de Ciencias (Israel) entre 1979 e 1987 e, dende ese ano, exerce de catedrático de bioloxía estrutural na Universidade Stanford (Estados Unidos).

Entre o seu alumnado destacan investigadores como Steven Brenner, Cyrus Chothia, Valerie Daggett, Mark Gerstein, Julian Gough Ram, Gunnar Schroder, Gaurav Chopra, Peter Minary, Abraham Samson ou Xuhui Huang.

Premio Nobel de Química O 9 de outubro de 2013 Levitt foi galardoado, xunto con Arieh Warshel e Martin Karplus, co Premio Nobel de Química «polo desenvolvemento de modelos multiescala de sistemas químicos complexos».

O traballo iniciado entre 1970 e 1976 sentou as bases dos programas informáticos que permiten simular o comportamento real das reaccións químicas, eliminando a necesidade de realizar experimentos tradicionais de laboratorio.[http://www.abc.com.py/ciencia/nobel-de-quimica-para-karplus-levitt-y-warshel-626539.html Nobel de Química para Karplus, Levitt y Warshel] Estas simulacións facilitan a formulación de hipóteses e a predición de resultados, o que abre vías para o deseño de novos materiais ou fármacos, entre outras aplicacións.[http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/09/actualidad/1381313884_234389.html Nobel para la química computacional que simula incluso procesos biológicos] El País

Considerado un dos pais da bioloxía computacional, Levitt contribuíu co marco teórico e conceptual destes programas e desenvolveu os primeiros modelos de grandes complexos macromoleculares.[http://www.rtve.es/noticias/20131009/nobel-quimica-2013-premia-bases-para-entender-predecir-procesos-quimicos/760920.shtml O Nobel de Química 2013 premia as bases para entender e predicir os procesos químicos]

COVID-19 Durante a pandemia de COVID-19, Levitt expresou preocupación polos efectos potencialmente prexudiciais dos confinamentos sobre a economía, a saúde mental e o benestar infantil. Xunto con outros académicos, asinou a Declaración de Great Barrington,«La inmunidad colectiva es un "pensamiento mágico", di un experto en enfermedades infecciosas». WBUR, 14-10-2020. documento criticado pola OMS e numerosas entidades de saúde pública por carecer dunha base científica sólida e considerarse perigoso.Hellmann, Jessie. «Docenas de grupos de salud pública critican la estrategia de "inmunidad colectiva" respaldada por la Casa Blanca». The Hill, 15-10-2020.

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Biofísicos Categoría:Biólogos do Reino Unido Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Científicos de Israel Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade Stanford Categoría:Premios Nobel de Israel Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en Pretoria Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos do King's College de Londres