Julia del Carmen Chuñil Catricura, nada en Máfil o 16 de xullo de 1952, é unha activista medioambiental mapuche e presidenta da Comunidade Indíxena Putreguel. É recoñecida polo seu labor na defensa do bosque nativo e a protección de terras ancestrais mapuches na comuna de Máfil, Rexión de Los Ríos.

O 8 de novembro de 2024, Julia Chuñil desapareceu na comuna de Máfil, Rexión de Los Ríos, en circunstancias aínda non esclarecidas. Aquel día, a dirixente dirixiuse ao predio “Reserva Cora Número Uno-A” na procura duns animais extraviados. Dende entón non se soubo máis dela.

Un dos seus fillos explicou que ao buscar á súa nai, atopou pegadas dunha camioneta, vehículo “infrecuente” para o sector, o que fixo saltar as sospeitas. O caso tomou importancia nacional e internacional por mor da desaparición dunha defensora ambiental.

Traxectoria Julia Chuñil naceu en 1952 no sector rural de Huichaco, na comuna de Máfil. Durante a súa mocidade, foi un período á cidade, mais despois regresou ao campo. É nai de 5 fillos e avoa de 10 netos.

En 2018 loitou pola protección de 900 hectáreas de bosque nativo na comuna onde residía, Máfil. Meses antes da súa desaparición, exerceu como presidenta da Comunidade de Putreguel.

Defensa ambiental do territorio Ao longo da súa vida, dedicouse á conservación do bosque nativo e á defensa dos dereitos territoriais da súa comunidade. En 2014, a «Comunidade Indíxena Putreguel» foi recoñecida oficialmente pola Corporación Nacional de Desenvolvemento Indíxena (CONADI), e Julia asumiu o rol de presidenta e representante legal das 17 familias que a compoñen.

En 2015, baixo o liderado de Julia, a comunidade ampliou o seu territorio ao ocupar un predio coñecido como "Reserva Cora Número Uno-A", terras ancestrais que foran ofrecidas previamente a outra comunidade indíxena. A elección de ocupar a propiedade xurdiu como reacción a un prolongado conflito co empresario Juan Carlos Morstadt Anwandter, quen desexaba destinar o terreo á talla de bosques nativos e á comercialización de madeira, así como coa CONADI, a cal fora demandada por anomalías no proceso de entrega das terras. Malia que a CONADI xa recoñecera a propiedade como territorio ancestral mapuche, a entrega oficial foi impedida, o que levou á comunidade, liderada por Julia, a tomar posesión do terreo.

Dende entón, Julia dedicouse á conservación da biodiversidade local e á cría de gando a pequena escala. Porén, a súa defensa do territorio non estivo exenta de riscos: durante anos, enfrontou ameazas e acosos constantes, os cales se intensificaron nos últimos días previos á súa desaparición. Dende 2018, denunciara reiteradamente a situación e manifestara a súa preocupación pola seguridade da súa comunidade e a súa propia; trala restitución do terreo en cuestión a unha empresa, comezou a recibir ameazas e persecucións por parte de persoas vinculadas ao predio.

Entre os casos máis graves de acoso menciónase que unha ponte que empregaba acotío foi destruída en máis dunha ocasión. Segundo Julia, esta acción foi realizada por José Luis Painean Coronado, quen recibira $3.000.000 de parte de Juan Carlos Morstadt Anwandter, dono da empresa que intentaba explotar o terreo. Ademais, Julia relatou que Morstadt lle ofreceu cartos directamente para que abandonase o lugar, dicíndolle «Ya’po, Julia, ya los tengo a todos comprados. Faltai tú no más».

Desaparición O 8 de novembro de 2024, Julia foi vista por derradeira vez cando saíu do seu fogar, acompañada polo seu can "Cholito", na procura de animais extraviados no predio en disputa. Dende entón, non se tivo información algunha sobre o seu paradoiro.

O 10 de novembro atopáronse o seu caxato e un coxín nunha mediagua (unha pequena vivenda de refuxio ocasional). Ao día seguinte a familia presentou unha denuncia por posible desgraza. A xente do lugar sinalou que hai evidencia que sinala que Julia foi levada da mediagua, incluíndo marcas de pneumáticos de camioneta, atípicas para a zona, mais a evidencia principal perdeuse por mor das chuvias. As seguintes semanas leváronse a cabo operativos de procura.

O 8 de decembro, a súa familia e a ONG Escazú Ahora presentaron unha querela criminal contra todos os que resulten responsábeis.

O 14 de febreiro, Pablo San Martín, fillo de Julia, declarou que xa non se estaban a realizar procuras no sector e que o foco da investigación recaeu na súa irmá, Jeanette, quen segundo a súa parella, quedou como unha das sospeitosas.

Por mor da filtración na páxina do Ministerio Público ocorrida a requisito dun fiscal para iniciar unha liña investigativa o día 15 de outubro de 2025, da transcrición dun arquivo de son do empresario Juan Carlos Morstadt Anwandter na que lle informou ao seu padre que el tiña coñecemento de que a Julia Chuñil a queimaron, Isto causou conmoción a nivel nacional con diversas manifestacións a comezos de outubro do mesmo ano.

Reaccións miniatura|Graffiti preguntando onde está Julia Chuñil nunha estación del Metro de Santiago de Chile (2025). A desaparición de Julia xerou preocupación nos eidos nacional e internacional. Organizacións mapuches, feministas, medioambientais e de dereitos humanos esixiron ao goberno chileno redobrar os esforzos para atopala. O Presidente Gabriel Boric expresou a súa preocupación polo caso e afirmou que a procura continuará de xeito firme.

Aa Corporación de Promoción e Defensa dos Dereitos do Pobo expresou a súa preocupación pola desaparición de Julia Chuñil, salientando que o seu caso evidencia o risco que enfrontan as mulleres defensoras en Chile. Fixo un chamamento ao Estado a investigar con dilixencia e esgotar todos os recursos dispoñibles, lembrando a súa obriga conforme o dereito internacional.

O Instituto Nacional de Dereitos Humanos de Los Ríos está realizando diversas xestións no marco da desaparición de Julia Chuñil. Dirixiuse ao Ministerio Público para obter información sobre a investigación e determinar se se está aplicando a Guía de Dilixencias Investigativas sobre Desaparición Forzada, elaborada pola Fiscalía Nacional en agosto de 2024. miniatura|Tres mulleres piden onde está Julia Chuñil durante as manifestacións do 8M 2025 en Santiago. O 8 de xaneiro realizouse unha protesta fronte ao Palacio da Moeda esixindo unha investigación urxente pola súa desaparición.

O 26 de febreiro de 2025, no LXIV Festival Internacional da Canción de Viña del Mar, el guitarrista Claudio Narea, exintegrante do grupo chileno Los Prisioneros, exhibiu unha camisa coa faciana de Julia Chuñil na abertura do evento.

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a desaparición de Julia Chuñil inspirou ás activistas chilenas a ergur a voz na folga xeral feminista baixo a consigna «¿Onde está Julia Chuñil?».

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Macarena Valdés Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Activistas de Chile Categoría:Pobo mapuche Categoría:Persoas desaparecidas Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas