miniatura|Castelo de mota (motte and bailey).

Os castelos de mota (en inglés motte and bailey, en francés motte castrale) foron un tipo de fortificación medieval, precursor dos castelos de pedra da Idade Media.Jean-Denis Lepage. The Motte-and-Bailey Castle en Castles and Fortified Cities of Medieval Europe: An Illustrated History. McFarland, 2002, p. 29. ISBN 0-7864-1092-2

Caracterización miniatura|left|Plano dun castelo de mota (motte and bailey).

Os castelos de mota estaban compostos por dúas partes: a mota (motte) e o recinto fortificado (bailey). A mota era un outeiro artificial de terra, de forma cónica, que podía ser construído integramente polo home ou adaptado ao relevo natural do terreo. O cume da mota era nivelado para formar unha plataforma na que se erguía unha torre de madeira de planta cadrada ou, raramente, circular. A plataforma estaba rodeada por unha empalizada de madeira. Na torre residía o señor da mota (dominus), a súa familia, algúns soldados e criados. Ademais da función residencial, a torre servía como punto de observación da contorna e como último baluarte defensivo.

Ao pé da mota atopábase o bailey, un terreo cercado cunha empalizada de madeira —xeralmente en forma de media lúa, «D» ou «U»— onde se situaban almacéns, celeiros, forxas, cabanas para criados e artesáns, hortas, estábulos e outros edificios auxiliares, configurando un pequeno asentamento. Tanto a mota como o bailey quedaban illados por un foso con auga escavado durante a construción do outeiro. Unha ponte e un sendeiro estreito e empinado unían ambas as partes da fortificación. En caso de perigo, as forzas defensoras retirábanse á torre se o bailey non podía ser mantido.

Distribución miniatura|Tapezaría de Bayeux: construción dun castelo de mota (segunda metade do século XI). Os castelos de mota xurdiron na actual Francia, entre os vales do Loira e do Rin, e desde alí espalláronse polo norte de Europa; poden atoparse nas Illas Británicas, Alemaña, Italia, Polonia e outros países. En Inglaterra este tipo de fortificación foi introducido polos normandos tras a Conquista normanda de 1066. Construídos con materiais perecedoiros, moitos foron destruídos co paso do tempo ou substituídos por estruturas máis permanentes. A célebre Tapezaría de Bayeux, datada no século XI, mostra imaxes de castelos de mota no norte de Francia e en Hastings, Inglaterra.

No século XI a madeira e a terra comezaron a ser substituídas pola pedra na construción de castelos. A torre de madeira sobre a mota converteuse nunha fortificación circular de pedra, orixinando a torre da homenaxe. Unha muralla pétrea rodeou a antiga empalizada e a torre da homenaxe, protexida á súa vez por unha nova fenda ou foso. Un único portal fortificado, con ponte levadiza, permitía o acceso ao castelo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Armitage, Ella S. (1912). The Early Norman Castles of the British Isles. Londres: J. Murray. . Besteman, Jan C. (1984). «Mottes in the Netherland». En Château Gaillard: études de castellologie médiévale, XII, pp. 211–224. Bradbury, Jim. (2009). Stephen and Matilda: The Civil War of 1139-53. Stroud: The History Press. . Brown, R. Allen. (1962). English Castles. Londres: Batsford. . Brown, R. Allen. (1989). Castles From the Air. Cambridge: Cambridge University Press. . Brown, R. Allen. (2004). Allen Brown's English Castles. Woodbridge: Boydell Press. . Butler, Lawrence. (1997). Clifford's Tower and the Castles of York. Londres: English Heritage. . Carpenter, David. (2004). The Struggle for Mastery: The Penguin History of Britain 1066–1284. Londres: Penguin. . Châtelain, André. (1983). Châteaux forts et féodalité en Île-de-France, du XIe ao XIIIe século. Nonette: Créer. . Colardelle, Michel; Mazard, Chantal. (1982). «Les mottes castrales et l'évolution des pouvoirs dans les Alpes du Nord. Aux origines de la seigneurie». En Château Gaillard: études de castellologie médiévale, XI, pp. 69–89. . Cooper, Thomas P. (1911). The History of the Castle of York. Londres: Elliot Stock. . Creighton, Oliver H.; Higham, Robert. (2003). ''()*

Categoría:Fortificacións Categoría:Arquitectura da Idade Media Categoría:Arquitectura militar