Bartramia é un xénero de musgos da familia Bartramiaceae. O xénero foi descrito formalmente por primeira vez por Johann Hedwig en 1801. Comprende unhas 72 especies, que xeralmente crecen no solo, ás veces en rochas, en moitos hábitats de moitas partes do mundo, aínda que as especies tropicais só se atopan a grandes altitudes. Hai nove especies en Australia, mais só tres delas son endemismos dese continente.
Descrición
Os musgos do xénero Bartramia forman "penachos" ou "coxíns" de plantas de 2-12 cm de altura. As plantas son verdes brillantes, verde-amareladas ou verde-azuladas. Os talos están ramificados pero non en verticilos, coa parte externa formada por pequenas células e a columna central prominente. As follas son lineais, subulatas ou serradas e a costa é forte, percorrente ou excurrente curta. As células superiores son lineares ou rectangulares, máis alongadas preto da base da folla. As cápsulas son erectas ou case erectas, esféricas ou oblongas, de 1-2 mm de longo. O peristoma está a miúdo ausente ou reducido, e as esporas son case esféricas, con forma de ril ou verrugosas.
Taxonomía e nome O xénero Bartramia foi descrito formalmente por primeira vez en 1801 polo botánico alemán Johann Hedwig e publicouno en Species muscorum frondosorum. Hedwig só describiu dúas especies, (B. halleriana) e B. pomiformis pero agora recoñécense unhas 72 especies. O nome Bartramia púxose en honra do botánico pioneiro estadounidense John Bartram.Hedwig, Joannis. (1787-97). Descriptio et adumbratio microscopico-analytica muscorum frondosorum. Volume 2. pp 111-112.
Entre as especies están:
Bartramia alaris Dixon & Sainsbury Bartramia aprica Müll.Hal. Bartramia breutelii Müll.Hal. Bartramia brevifolia Brid. Bartramia halleriana Hedwig Bartramia hampeana Müll.Hal. Bartramia ithyphylla Brid. Bartramia mossmaniana Müll.Hal. Bartramia nothostricta Catches. Bartramia pomiformis Hedwig Bartramia potosica Mont. Bartramia pseudostricta Catches. Bartramia robusta Hook.f. & Wilson Bartramia strictifolia Taylor Bartramia subsymmetrica Cardot Bartramia subulata Bruch e A.Schimp.
Distribución e hábitat Os musgos do xénero Bartramia atópanse por todo o mundo, pero, sobre todo, en áreas temperadas e montañosas, especialmente nas de clima húmido. Raramente se encontran en zonas árticas, alpinas ou áridas, mentres que nos trópicos xeralmente viven só a grandes altitudes. Adoitan crecer sobre rochas sombreadas, no lado do norte no hemisferio norte, normalmente preto de ríos e saltos de auga onde a humidade é alta.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Moss organs, terminoloxía dos órganos de musgos
Categoría:Briófitas Categoría:Plantas descritas en 1891