Herminia Aburto Colihueque, nada en 1910 e finada en Gorbea en 1992, foi unha activista mapuche, de nacionalidade chilena, nada durante a primeira metade do século XX. Foi a primeira muller do pobo mapuche en presentarse como candidata a un cargo público nunha elección do seu país. Ademais foi presidenta da Sociedade Feminina Araucana Yafluayin e secretaria da Federación Araucana.

Traxectoria Herminia Aburto Colihueque foi filla de Manuel Aburto Panguilef, fundador e presidente da Federación Araucana durante os anos 1922 e 1940, e de Abelina Colihueque Lemunao, ámbolos dous pertencentes ao pobo mapuche.

Os seus pais incentivárona e apoiaron dende sempre na súa formación e instrución, polo tanto, e a diferenza de moitas mulleres mapuche, e non mapuche, da época, Herminia tivo acceso á educación. De forma privilexiada aprendeu a ler e escribir, o que lle deu paso a participar activamente da política, partindo por integrarse á Federación Araucana, como secretaria e redactora documental da organización (1933-1938). Tamén foi parte do directorio da Corporación Araucana.

Carreira política En 1935 Herminia Aburto Colihueque presentouse como candidata independente a rexedora de Temuco nas eleccións municipais dese ano —primeira elección onde se exerceu o sufraxio feminino. Porén, non foi elixida. Con iso, converteuse na primeira muller mapuche en postular a un cargo de elección pública en Chile.

En 1938 asumiu como presidenta da Sociedade Feminina Araucana Yafluayin, unha das primeiras asociacións mapuches de mulleres, que foi creada en 1937. Devandita organización participaría, en abril de 1939, do Congreso Nacional Araucano. Ese mesmo ano, formou parte da delegación mapuche, xunto a Chepo Antimán, Colilla Marilla e Marihuán Rapimán, que se reuniu co Movemento Pro-Emancipación das Mulleres de Chile (MEMCH). A partir da década de 1940, Herminia Aburto Colihueque instalouse na cidade de Valparaíso e máis tarde en Santiago.

Notas

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Pobo mapuche Categoría:Activistas de Chile Categoría:Mulleres líderes indíxenas