A lingua tsafiki, tamén coñecida como tsáchila ou colorado, é unha lingua barbacoana falada polo pobo tsáchila en Ecuador por preto de 2.000 persoas. O seu autoglotónimo quere dicir "palabra verdadeira". O tsafiki está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Os tsáchilas, que outrora tamén foron chamados "indios colorados" polos mestizos ou colonos da zona, habitan a rexión noroeste da República de Ecuador, na provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas, cuxa cidade principal é Santo Domingo, coñecida tamén como Santo Domingo de los Colorados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas barbacoanas Categoría:Linguas de Ecuador Categoría:Pobo tsáchila