Óscar Marcos Santamaría, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) o 19 de febreiro de 2006, é un futbolista galego que xoga coma dianteiro no Celta Fortuna.

Traxectoria Óscar Marcos comezou a súa traxectoria deportiva nas categorías inferiores do Celta de Vigo. En 2018 militou no RC Celta Infantil, e desde entón foi ascendendo categorías até militar do equipo filial, o Celta Fortuna.

Selección nacional Óscar Marcos foi, xunto con Hugo Burcio e Ángel Arcos, un dos tres futbolistas celestes da xeración do 2006 que foron convocados coa Selección española de fútbol sub-19.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hugo Burcio Ligazóns externas

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B