Aldara Prado, nada na Coruña en 1992, é unha ilustradora, tatuadora e autora de banda deseñada galega, coñecida pola súa obra Nimue (2024).
Traxectoria Aldara pasou os primeiros anos da súa vida crecendo nunha aldea preto de Betanzos. Licenciouse en Belas Artes en Valencia, especializándose en narración visual e cinematográfica, e durante máis dunha década residiu en Barcelona, onde desenvolveu a súa carreira como ilustradora, traballando para sectores como a banda deseñada ou a literatura infantil.
Dende 2018 até 2021 traballou como autora na revista A Viñeta de Schrödinger, que buscaba pór en valor e dar a coñecer a banda deseñada galega, e na que participaron autores como Zaida Novoa e Fernando Llor.
En 2024 publicou a novela gráfica de fantasía Nimue, centrada no personaxe da dama do lago, presente nas lendas artúricas e á cal Prado coñeceu cando investigaba sobre as lendas celtas e galegas. A obra levou un proceso de traballo de 8 anos. A obra foi eloxiada pola súa reinvención do personaxe de Nimue e pola súa perspectiva actualizada sobre os personaxes femininos lendarios.
Vida persoal Reside en Berlín, Alemaña. Prado é filla do tamén historietista Miguelanxo Prado.
Obras A Viñeta de Schrödinger (antoloxía, 2018-2021) El increíble viaje de los besos voladores (Lumen, 11 de outubro de 2018) Nimue (Norma Editorial, 25 de outubro de 2024)
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1992 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia