miniatura|Ilustración feita por Johann Friedrich Naumann A perdiz mariña de ás negras (Glareola nordmanni) é unha ave limícola da familia Glareolidae. O nome do xénero é un diminutivo do latín glarea, 'grava', referíndose ao hábitat de nidación típico deste grupo de aves. O adxectivo da especie púxose en lembranza do zoólogo e explorador nado en Finlandia Alexander von Nordmann.
Descrición
Mide 24–28 cm de longo, ten patas curtas, con ás longas e agudas e cola forcada. O seu bico é curto, o cal é unha adaptación a capturar a comida no aire. O dorso e a cabeza son marróns, e as ás son marróns con plumas de voo negras. O ventre é branco e a parte inferior das ás é negra. Para distinguirmos esta especie doutras perdices mariñas hai que poder ollala moi ben, xa que son moi parecidas á perdiz mariña mediterránea e á Glareola maldivarum, que poden aparecer na súa área de distribución. É marxinalmente máis grande que a perdiz mariña mediterránea, e ten a cola máis curta e as patas máis longas. Aínda que a parte inferior das ás escura e a falta de bordo traseiro branco nas ás son características diagnósticas, isto non sempre é doado de ver no campo, especialmente porque a parte inferior das ás castaña da perdiz mariña mediterránea parece ser negra a non ser que se poida ver desde unha posición óptima.
Distribución e hábitat É unha ave de rexións abertas e a miúdo vese preto da auga ao serán, voando na procura de insectos. Esta perdiz mariña atópase nas partes máis cálidas do sueste de Europa e o suroeste de Asia. É unha ave migratoria, que inverna en África tropical, e é rara ao norte ou ao oeste da súa área de reprodución.
Comportamento Reprodución Pon de 2 a 4 ovos no chan.
Alimentación Unha cracterística pouco común das perdices mariñas é que, aínda que se clasifican como limícolas, normalmente cazan insectos en voo como faría unha andoriña, aínda que poden tamén alimentarse no chan.
Conservación A perdiz mariña de ás negras é unha das especies ás cales se aplica o Acordo para a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiáticas (AEWA).
O parasito acantocéfalo Apororhynchus paulonucleatus atopouse no intestino da perdiz mariña de ás negras. miniatura|Ovos da especie da colección do Museo de Wiesbaden, Alemaña.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns exernas
Fotos e gravacións de Glareola nordmanni en Shumkar (en ruso) Texto sobre esta especie en The Atlas of Southern African Birds
Categoría:Glareólidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1842