O Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais é un premio de ensaio galego creado en 1994.

Historia En 1994 o concello do Castro de Caldelas convocou o primeiro Premio Vicente Risco de Antropoloxía e Ciencias Sociais, despois de que as bases fosen aprobadas polo concello nunha sesión extraordinaria. O premio foi dotado con un millón de pesetas, contando co apoio da Fundación Sotelo Blanco. O seu obxectivo foi honrar a memoria de Vicente Risco e contribuír á consolidación da cultura e á normalización lingüística do galego.

En 2004 os concellos de Allariz e O Castro de Caldelas, e as Fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco xa convocaban a décima edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, dotado con 6.000 euros, dos que cada institución achegaría 1.500 euros. O obxectivo do premio seguía a ser homenaxear a Vicente Risco e axudar a consolidar a cultura e a normalización lingüística do galego. A obra gañadora sería publicada por Sotelo Blanco Edicións.

En 2024 e cos obxectivos de honrar a memoria de Vicente Risco, axudar á consolidación da cultura e fortalecer as relacións de Galiza con Portugal e a lusofonía, a Fundación Vicente Risco (Allariz) e os concellos de Allariz, O Castro de Caldelas e Melide; a Deputación de Ourense; a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) (Vila Real-Portugal), representada pola Escola de Ciencias, Humanas e Sociais (ECHS); as universidades de Santiago (USC) e Vigo (UVIGO) e a Caixa Rural Galega convocaron o XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, dotado con 6.000 € e os textos podían ser en lingua galega ou lingua portuguesa.

Obras gañadoras

I, 1994: Narracións orais do concello de Palas de Rei : antropoloxía, lingua e cultura, de Xerardo Pereiro Pérez. II, 1995: III, 1996: Antonio Presedo Garazo. IV, V, VI, VII, 2002: A esperanza bretona, de Anxo Fernández Ocampo. VIII, 2003: IX, 2004: X, 2005: Na memoria do pobo, oficios, contos e cantigas, de María Montserrat Varela Vázquez. XI, 2006: XII, 2007: Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide, de Santiago Prado Conde. XIII, 2008: A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesqueiras. de Xosé Luis Ladra Fernández XIV, 2009: XV: 2010: O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos, de María Pilar García Negro. XVI: 2012: Amigos e sodomitas, de Carlos Callón. XVII: 2013: Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro, de Xosé Manuel González Reboredo. XVIII, 2014: Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo, de Laura Tato Fontaíña. XIX, 2015: Caboverdianas en Burela (1978-2008), migración, relación de xénero e intervención social, de Luzia Oca. XX, 2016: Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega, de Rafael Quintía Pereira. XXI, 2017: Enfermos pobres, médicos tristes, de Roberto Fernández Álvarez. XXII, 2018: Usos e desusos das terras de Tourém: transformações socioterritoriais numa aldeia rural fronteiriça do norte de Portugal com a Galiza, de Diego Amoedo Martínez. XXIII, 2019: Festividades de inverno na provincia de Ourense: máscaras, personaxes e rituais, de Carlos Xabier Ares. XXIV, 2020: Do doutor Alveiros á porta de palla. O ocultismo na obra e vida de Vicente Risco, de Félix Castro Vicente. XXV, 2021: A costela galega de Eça de Queirós, de José Carlos Quiroga Díaz. XXVI, 2022: Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao, de David Rodríguez Rodríguez. XXVII, 2023: Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio, de Enrique Manuel Neira Pereira. XXVIII, 2024: Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión, de Rafael García Ferreira. XXIX, 2025: Separados por uma língua comum. Lusofilia e galeguidade na correspondência entre intelectuais da Galiza e do Norte de Portugal no século XX, de Xosé Ramón Freixeiro Mato. XXX, 2026: Sobreviver na palabra escrita. A traxetoria intelectual de José Rubia Barcia, de Isaac Lourido.

Notas

Vicente Risco Categoría:Vicente Risco