Pedro Gutiérrez Gutiérrez, nado en Villarramiel (Palencia) cara a 1904, foi un barbeiro e político español.

Traxectoria Barbeiro nas Nogais. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Ingresou na prisión de Lugo o 28 de abril de 1937. Procesado na causa 190/37 xunto con Luis García Vázquez, Jesús Salvador García Vázquez, Emilio Núñez Cabana, Ricardo García Santín, Isidro Gómez Gerbolés, Nicomedes Lamas Díaz, Abel Valcárcel Puente, José González Rivero, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; Pedro foi condenado a pena de morte por adhesión á rebelión. A pena foi conmutada por 30 anos de reclusión perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1938,BOP Lugo, 14-1-1939, p. 1. e foi condenado ao pago dunha multa de 100 pesetas o 1 de xullo de 1940. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo, de onde saíu en liberdade condicional o 13 de febreiro de 1944.BOE, 25-3-1944, p. 2458.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Peza separada de responsabilidade civil contra Camilo García González, David Cercedo Fernández, Pedro Gutiérrez Gutiérrez e outros

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Palencia Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en ano descoñecido