Alfredo Paz Lemus, coñecido como da Rexa, nado en Ames cara a 1910 e finado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Carpinteiro veciño de Covas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 30 de marzo xunto con Elena Suárez Suárez, Benjamín Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, Juan Barros Manteiga e outros veciños de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937 xunto con Juan Barros Manteiga, Benjamín Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, Manuel Fagín Páramos, José María Nieto Crego e Jesús Lens Patiño.El Pueblo Gallego, 5-6-1937, p. 7. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.BOE, 13-2-1940, p. 747. O expediente foi sobresido en agosto de 1945.BOP A Coruña, 4-9-1945, p. 3.BOE, 27-9-1945, p. 700.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ames Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937