A gaivota dominicana (Larus dominicanus) é unha gaivota que se reproduce nas costas de illas de gran parte do hemisferio sur. A subespecie nomeada L. d. dominicanus é a que se atopa arredor de América do Sur, partes de Australia (onde se solapa con Larus pacificus), e Nova Zelandia., L. d. vetula é a subespecie que se atopa arredor do sur de África.
O nome específico vén da orde dos frades dominicanos, que vestían hábitos negros e brancos."Shelly Farr Biswell", "Southern Black-Backed Gulls", New Zealand Geographic, número 73, mio-xuño de 2005
Descrición A gaivota dominicana lembra superficialmente as gaivotas de latitudes máis ao norte do océano Atlántico, como a gaivota escura e o gaivotón atlántico, e ten un tamaño intermedio entre esas dúas especies. A súa lonxitude total está entre 54 e 65 cm, cunha envergadura de 128 a 142 cm e un peso de 540 a 1.390 g. Os machos e femias adultos pesan como media 1.000 g e 900 g, respectivamente. Entre as medidas estándar temos: corda alar de 37,3-44,8 cm, bico de 4,4-5,9 cm e tarso de 5,3-7,5 cm.Gulls: Of North America, Europe, and Asia by Klaus Malling Olsen & Hans Larsson. Princeton University Press (2004). .Harrison, Peter, Seabirds: An Identification Guide. Houghton Mifflin Harcourt (1991), CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), . O adulto ten as partes superiores e ás negras. A cabeza, partes inferiores, cola e os pequenos "espellos" nas puntas das ás son brancos. O bico é amarelo cun punto vermello e as patas son amarelas verdosas (máis intensas e máis amarelas na época en que se reproduce, máis apagadas e máis verdes cando non está en época reprodutora). A chamada é un estridente son ki-och. Os individuos xoves teñen patas apagadas e bico negro, unha banda escura na cola e unha plumaxe en conxunto marrón agrisada densamente bordeada de branco, pero rapidamente adquiren unha base clara no bico e unha cabeza e partes inferiores bastante brancas. Tardan 3 ou 4 anos en madurar.
Subespecies Hai cinco subespecies de gaivota dominicana. A subespecie africana L. d. vetula é ás veces separada co nome Larus vetula. Ten unha cabeza máis angular e un bico máis curto e pequeno. O adulto ten ollos negros, mentres que a subespecie nomeada xeralmente ten ollos claros. Os exemplares novos da subespecie africana teñen plumaxe case idéntica á das outras gaivotas dominicanas de igual idade. Imaxe Subespecies Distribución120pxL. d. dominicanus, (Lichtenstein, 1823) América do Sur, illas Malvinas, illa Xeorxia do Sur, Australia e Nova Zelandia120pxL. d. vetula, (Bruch, 1853) Sur de África L. d. judithae, (Jiguet, 2002) Illas subantárticas do océano Índico L. d. melisandae, (Jiguet, 2002) sur e suroeste de Madagascar120pxL. d. austrinus, (Fleming, 1924) Antártida e illas antárticas A gaivota dominicana é unha ave vagante rara nos Estados Unidos, cun primeiro rexistro en 1989 nas illas Chandeleur en Luisiana. Hibridáronse coa gaivota arxéntea americana nesas illas, orixinando aves intermedias que poden volverse cruzar. Despois do furacán Katrina de 2005, as poboacións reprodutoras das dúas especies e os seus híbridos foron desprazados desas illas, aínda que se informou de posibles híbridos noutros lugares e poden ser o resultado doutras colonias lonxe da costa. En 2025, observouse un exemplar vivindo no tellado dun almacén en Milwaukee, Wisconsin. Está tamén incluída na lista das aves ibéricas.
Comportamento Son omnívoras como a maioría das Larus, e comen prea que atopen e tamén buscan pequenas presas apropiadas. Xúntanse nos vertedoiros de lixo, polo que un rápido incremento da súa poboación é considerado un sinal de ambiente degradado.Cf. José Felipe M. Pereira, Aves e Pássaros Comuns do Rio de Janeiro, Rio de Janeiro: Technical Books, , pg.55 Observáronse alimentándose de baleas fancas austrais vivas desde polo menos 1996,Increased harassment of Right Whales (Eubalaena australis) by Kelp Gulls (Larus dominicanus) at Península Valdés, Argentina. Rowntree, V.J., P. MacGuiness, K. Marshall, R. Payne, J. Seger, and M. Sironi, 1998. Marine Mammal Science. 14(1): 99 – 115. para o cal a gaivota usa o seu poderoso bico para picar a varios centímetros de profundidade baixo a pel e capa de graxa da balea, a miúdo producindo grandes feridas abertas nas baleas, e algunhas das feridas eran de medio metro de diámetro. Este comportamento depredador documentouse en augas arxentinas.Gulls' vicious attacks on whales . BBC News, 24 de xuño de 2009. En siitos rochosos da costa meridional de África, como Boulders Beach en Cidade do Cabo, as gaivotas dominicanas (Larus dominicanus vetula) recollen moluscos e voan coa eles no bico a varios metros de altura e déixanos caer sobre as rochas repetidamente, para así rompelos e podelos comer.Siegfried WR (1977) Mussel dropping behaviour of Kelp Gulls. S Afr J Sci 73:337 - 341 Tamén se informou que pican nos ollos de crías de focas na costa de Namibia deixándoas cegas para despois atacar a vítima cegada en grupo.
O niño é unha depresión pouco profunda no chan forrada con vexetación e plumas. A femia adoita poñer 2 ou 3 ovos. Ambos os pais alimentan os polos.
Galería
Larus dominicanus vetula ou Larus vetula
A L. d. vetula difire doutras formas de gaivota dominicana polo seu iris máis escuro e corpo máis grande e o gran tamaño do bico. A poboación surafricana estímase en 11.000 parellas reprodutoras e está en expansión.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ian Sinclair, Phil Hockey and Warwick Tarboton, SASOL Birds of Southern Africa (Struik 2002)
Ligazóns externas Texto da especie en The Atlas of Southern African Birds Imaxes en jostimages.com Espécimes de Larus dominicanus na colección do Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa Gaivota dominicana na guía estruturada das especies do sur de África
Categoría:Láridos Categoría:Animais descritos en 1823