André Haefliger, nado en Nyon (Suíza) o 22 de maio de 1929, e finado o 7 de marzo de 2023, foi un matemático suízo que traballou principalmente en topoloxía.
Traxectoria
Haefliger foi a escola en Nyon e rematou os estudos no Collège de Genève en Xenebra. Estudou matemáticas na Universidade de Lausana desde 1948 a 1952. Traballou dous anos como axudante docente na École Polytechnique da Universidade de Lausana. Despois trasladouse á Universidade de Estrasburgo, e logo seguiu a Charles Ehresmann a París, onde recibiu o seu grao de doutor en 1958. A súa tese foi titulada "Estruturas foliadas et cohomoloxía con valores nun feixe de groupoïdes" e foi escrita baixo a supervisión de Charles Ehresmann.
Haefliger conseguiu un bolsa de investigador para un ano na Universidade de París, onde participou no seminario de Henri Cartan, e despois, desde 1959 a 1961, traballou no Instituto para o Estudo Avanzado en Princeton, Nova Jersey. Desde 1962 foi catedrático na Universidade de Xenebra até a súa xubilación en 1996.
En 1966 Haefliger foi conferenciante invitado no Congreso Internacional de Matemáticos en Moscova. En 1974–75, foi presidente da Sociedade Matemática Suíza.
Haefliger obtivo un Doutoramento honoris causa da ETH Zürich en 1992 e da Universidade de Dijon en 1997. En 2020 Haefliger e Martin Bridson foron galardoados co Premio Leroy P. Steele para a Exposición Matemática da Sociedade Matemática Americana (AMS), polo seu libro Espazos Métricos de Curvatura Non-Positiva (Springer Verlag, 1999).
Haefliger Morreu o 7 de marzo de 2023, á idade de 93 anos.
Investigación Os intereses investigadores principais de Haefliger foron a topoloxía diferencial e a xeometría.
Haefliger atopou a obstrución topolóxica á existencia dunha estrutura de spin nunha variedade Riemanniana orientable. En dous artigos no Annals estudou varios encaixamentos de esferas relacionados cos teoría de nós. Tamén fixo contribucións importantes na teoría de foliacións, introducindo a noción de estruturas de Haefliger.
Escribiu máis de 80 artigos en revistas revisadas por pares e tivo 20 estudantes de doutoramento, incluíndo Augustin Banyaga e o futuro Medallista Fields, Vaughan Jones.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade de Xenebra Categoría:Alumnos da Universidade de Lausana Categoría:Alumnos da Universidade de Estrasburgo Categoría:Matemáticos de Suíza Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Nyon