Diego Anido Seijas, nado en Lugo en 1989, máis coñecido como Diego AS, é un artista urbano galego especializado no muralismo en grandes superficies, converténdose nun referente destacado entre os artistas urbanos de Galicia e España.

Traxectoria Comezou a pintar graffiti na súa adolescencia, acompañado dos seus amigos, coa única finalidade de deixar a súa pegada pola cidade e pasalo ben, sen pensar que aquilo acabaría por converterse na súa profesión. Co paso do tempo e xa na idade adulta decidiu formarse artisticamente, ingresando na Escola de Arte de Lugo, onde estudou materias como serigrafía, gravado artístico e estampación. Posteriormente traballou durante seis anos no sector da impresión dixital, especializado en rotulación e sinalización.

Dende 2015 traballa de maneira profesional como muralista, alternando encargos institucionais e privados con proxectos persoais. Realizou obras en diferentes cidades españolas como Madrid, Barcelona, Málaga, Oviedo, Granada e tamén a nivel internacional en Oporto (Portugal). En ningún momento pensei que podería chegar a ser o meu traballo. Foi algo que foi evolucionando… e non o tomaban ben porque relacionaban o bote do spray co vandalismo

O seu salto á fama chegou en 2021 cun gran mural na súa cidade natal, Lugo, representando a Xulio César, icona da romanidade e símbolo da cidade. A obra, situada na Ronda da Muralla fronte á muralla romana, foi encargada polo Concello de Lugo dentro das festividades do Arde Lucus e do festival Urban Cores, un proxecto que pretende achegar a arte urbana á cidadanía e transformar a paisaxe mediante murais e outras expresións artísticas.

Este mural foi recoñecido pola plataforma internacional Street Art Cities como "Mellor mural do mundo 2021", tras obter máis de 60.000 votos populares. A obra, realizada en escala de grises, ocupa unha fachada de máis de 20 metros de altura xusto diante da principal atracción turística da cidade.

Estilo e técnica A obra de Diego As caracterízase pola súa versatilidade técnica e expresiva. Aínda que é recoñecido polos seus murais hiperrealistas en escala de grises, tamén emprega a cor en moitas das súas creacións, adaptándose ao contexto e á mensaxe que quere transmitir. Emprega sobre todo pintura acrílica e spray, combinando técnicas tradicionais de pintura co graffiti contemporáneo, podendo obter así resultados como o do mural de Xulia César. O seu estilo busca provocar emocións intensas, dándolle el sempre unha grande importancia ás miradas e expresións faciais, que é o que el considera máis importante para poder provocar o efecto buscado no público.

Declaracións do artista e impacto do muralismo En entrevistas, Diego As comentou a súa relación coas súas obras e co arte urbano: «O bonito da arte urbana é que ten accesibilidade para todos. Atópala sen querer e lévalo a casa cunha simple fotografía». Tamén resaltou o efecto dos murais no espazo público: «A moitas zonas decadentes daslles outra soltura, outro colorido… cambias o espazo». Ademais, explicou a súa relación persoal coas obras: «As emocións non as busco para o resto, bústronas para min. Que che deixe pensando e en shock…» (RTVE, 2021).

Obras destacadas miniatura|Obra realiza por Diego As na Pobra de San Xiao, LáncaraAdemais do mural de Xulio César en Lugo, Diego As realizou obras en múltiples cidades, como:

Rompe lo establecido (Linares, 2024): mural de gran formato que cuestiona os estereotipos sociais, realizado durante o festival 23700 Urban Art. Foi nomeado ao premio ao Mellor mural do mundo 2024 pola plataforma Street Art Cities, quedando finalmente na oitava posición. Rompe lo establecido é unha obra que busca cuestionar os estereotipos e abrir a mente da xente. É unha chamada á reflexión. Mural en A Pobra de San Xiao, Láncara: obra que forma parte dun proxecto comunitario, con temática social e educativa. Murais en Oporto, Madrid, Barcelona e Granada: intervencións urbanas que mesturan retratos realistas con elementos simbólicos e culturais locais.

Diego As, ademais de facer obras para institucións privadas tamén participa en proxectos de carácter comunitario, como o festival Urban Cores de Lugo, no que ademais de realizar baixo encargo murais, tamén organuza murais para a mocidade en risco de exclusión de risco social, ofrecendo alternativas creativas e legais para achegarse ao mundo do arte urbano (RTVE, 2021).

Toda a súa obra pode consultarse a través da súa páxina web oficial, onde recolle un amplo catálogo dos murais realizados en Galicia, España e Portugal.

Recoñecementos Desde ese momento foi gañando cada vez máis fama, sendo actualmente recoñecido como un dos muralistas máis importantes de España. Entre os seus recoñecementos destacan:

Primeiro premio Amarte Burela (2019). Segundo premio Galicia Crea (2015-2016). Participación como co-campión da Liga Graffiti Battles Spain (2021). Premio ao Mellor mural do mundo 2021 pola plataforma Street Art Cities. Nomeado ao Mellor mural do mundo 2024 por Rompe lo establecido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Instagram oficial de Diego As Perfil de Diego As en Street Art Cities Mural "Romple lo establecido" Podcast “Un Albariño con Diego As” Entrevista en RTVE Páxina web Entrevista Diario de Santiago Entrevista Diario Esquire

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1989 Categoría:Artistas de Galicia