Nicómaco foi fillo de Aristóteles. Cando este morreu, Nicómaco era moi novo pero non un bebé. Non se sabe se foi un fillo adoptado ou lexítimo da súa concubina Herpilis.

Traxectoria Segundo o Suda, Nicómaco era de Estaxira e foi filósofo, alumno de Teofrasto, e, segundo Aristipo, tamén o seu amante.Diógenes Laercio, v. 38; Suda, Nicomachus. Podía escribir un comentario sobre os escritos de física ou ética do seu pai. No testamento de Aristóteles, o coidado de Nicómaco e o da súa irmá Pitias foron encomendados primeiro a varios titores e logo ao seu sobriño Nicanor, fillo da súa irmá Arimnesta.

Algúns historiadores sosteñen que a Ética nicomáquea, de Aristóteles, talvez recibiu o seu título por ser dedicada a Nicómaco. Tamén é posible que algúns eruditos compilasen estes traballos éticos de Aristóteles con comentarios que Nicómaco escribiu sobre estes.

Algunhas fontes antigas indican que Nicómaco morreu en batalla sendo aínda novo. Teofrasto estipulou no seu testamento a edificación dunha estatua de Nicómaco na súa honra no Liceo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ética nicomaquea, obra de Aristóteles.

Categoría:Filósofos da Grecia antiga