O toki pona (traducible como 'a lingua do ben') é unha lingua artificial e filosófica deseñada para que o seu vocabulario pequeno simplifique a adquisición da lingua. Creouno a tradutora e políglota canadense Sonja Lang co propósito declarado de simplificar os seus pensamentos e a súa comunicación. Os primeiros borradores publicáronse en liña no ano 2001, mentres que a versión completa publicouse no libro de 2014 Toki Pona: The Language of Good (denominado en Toki Pona). Lang tamén publicou un dicionario complementario, o Toki Pona Dictionary (denominado ), en xullo de 2021, que describe a lingua tal e como a usa a súa comunidade de falantes. En 2024, publicouse un terceiro libro, unha adaptación en toki pona de O marabilloso mago de Oz, escrita en sitelen pona.
Publicacións
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en toki pona Traducións da Biblia a linguas ficticias
Ligazóns externas
Categoría:Escritas logográficas Categoría:Linguas artificiais