Un piollo das aves é calquera piollo mastigador da orde Phthiraptera que parasita as aves. Os piollos das aves poden alimentarse de plumas, restos de pel ou sangue. Como están agarrados ás plumas ás veces denomínanse piollos das plumas. Non teñen ás, e as súas pezas bucais mastigadoras distínguenos dos piollos chupadores que se alimentan de sangue."Bird louse" on Encyclopædia Britannica.

Case todas as aves domésticas son hóspedes de polo menos unha especie de piollo das aves. Os polos e outras aves de curral son atacadas por moitos tipos de piollos das aves. Xeralmente non causan demasiados danos á ave a non ser que esta sexa infestada en circunstancias pouco comúns como no caso de aves con bicos danados que non se poden acicalar elas mesmas apropiadamente. Un piollo que come sangue e infesta o buxato das illas Galápagos Buteo galapagoensis é máis numeroso en bexatos sen territorios, posiblemente porque eses individuos pasan máis tempo buscando comida e menos acicalándose que os bexatos con territorios.

En casos de infestacións importantes, a súa irritación pode causar que a ave se faga dano a si mesma ao rañarse. En casos extremos, a infestación pode mesmo interferir coa produción de ovos e o engorde dos polos. A diferenza dos outros piollos, os piollos das aves normalmente non portan doenzas infecciosas, pero hai casos de Ischnocera que si. Ao coevolucionaren cos seus hóspedes específicos, as relacións filoxenéticas entre os piollos das aves utilízanse ás veces para determinar as relacións filoxenéticas entre as aves.Cohen, Baker, Belchschmidt, Dittmann, Furness, Gerwin, Helbig, de Korte, Marshall, Palma, Peter, Ramli, Siebold, Willcox, Wilson and Zink (1997). Enigmatic phylogeny of skuas. Proc. Biol. Sci. 264(1379): 181–190.

Antes considerábase que todos os piollos mastigadores formaban a orde parfilética Mallophaga, mentres que os piollos chupadores clasificábanse na orde Anoplura. Porén, unha reclasificación (Clay, 1970) combinou estas ordes na orde Phthiraptera. Os piollos das aves pertencen a dúas subordes: Amblycera e Ischnocera, aínda que algúns membros destas subordes non parasitan aves e non serían, polo tanto, piollos das aves.Gillot, C. Entomology 2nd Ed. (1995) Springer, , . Consultado en Google Books o 9 de abril de 2010.

As familias que parasitan aves son: Suborde Amblycera Familia Menoponidae - aves, incluídas aves de curral. Familía Laemobothriidae - aves acuáticas e falcóns. Familia Ricinidae - colibrís e paseriformes. Suborde Ischnocera Familia Philopteridae - aves, incluíndo aves de curral.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Bird louse". Encyclopædia Britannica Online 2010. Consultada o 9 de abril de 2010.]

Categoría:Piollos Categoría:Parasitos