Aristareta (en ) foi unha pintora da antiga Grecia, considerada unha das seis artistas femininas da Antigüidade, segundo Plinio o Vello, xunto coas pintoras Irene, Calipso, Timareta, Iaia de Cícico e Olimpiada.

A pouca información que Plinio o Vello achega na súa obra Historia Naturalis sobre Aristareta é que era filla e discípula do pintor Nearco, e que tería debuxado un retrato de Asclepio, deus da medicina na mitoloxía grega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades da pintura Categoría:Nados no século -VI Categoría:Nados en Grecia Categoría:Finados en ano descoñecido