Aswad (transcrición da palabra negro en lingua árabe, أَسْوَد) foi unha histórica banda inglesa, da cidade de Londres, do xénero do Reggae, en activo ata o pasamento do seu cantante Drummie Zeb en 2022.
Historia Foi en 1976 cando a formación orixinal lanzou o seu álbum de estrea, de título homónimo, desencadeando a súa marca única de Roots Reggae, cunha gran dose de carga política, que lles permitiu destacar sobre o resto de formacións. Este traballo incluía cancións como «Concrete Slaveship» e «Back To Africa», unha grande oferta musical que foi considerada por moitos como un dos discos máis clásicos do Reggae.
Aswad formouse no oeste de Londres en 1975, segunda banda do xénero en todo o Reino Unido despois de Matumbi. Os membros orixinais da banda eran Angus «Drummie Zeb» Gaye (batería/vocalista); Brinsley «Chaka B» Forde (guitarrista/vocalista); Griffiths Donald «Dee» (guitarrista/vocalista); George Oban «Ras» (baixista) e Courtney «Khaki» Hemmings (teclista). As diferenzas creativas dos integrantes do grupo tiveron como resultado un son que fusionaba as experiencias que estaba vivindo a Inglaterra dos 70. Aswad afastouse das propostas dalgúns dos seus colegas contemporáneos, na popular tendencia de empregar musicalidades tomadas de Xamaica sen ningún tipo de risco.
Tras a marcha de Hemmings en 1976, Tony «Gad» Robinson uniuse á banda. Un ano máis tarde foron Griffiths e Oban os que abandonaron, e así Aswad, pasou a ser liderado por Drummie, Tony e Brinsley.
Foi este trío triunfal o que actuou no concerto do 70º aniversario de Nelson Mandela no estadio de Wembley; produciron a poderosa instrumental «Warrior Charge», que apareceu na película británica Babylon (unha icona dentro desta cultura urbana); tamén tiveron unha gran repercusión comercial con cancións como «Shine» ou «Do not Turn Around»; outro grande éxito foi a creación do «Love Fire Riddim», tema con secuencias e riffs que pasou a ser utilizado en multitude de producións, como foi o caso do famoso «Promise Land» de Dennis Brown.
A mediados dos setenta, asumiron o papel de Matumbi de acompañar a artistas xamaicanos de reggae nas xiras polo Reino Unido, notablemente a Burning Spear.
Traxectoria que os levou do roots reggae ata material máis comercial, asinaron primeiro con Island Records,coma Warrior Charge –incluído na película de 1978 Rockers– con maior volume para os baixo, solos de saxo e efectos dub denominados coma de corte Sci-Fi.
En 1996, Brinsley abandonou a banda, deixando a Drummie e Tony ao fronte, unha tarefa que continuaron con éxito durante os seguintes 20 anos.
Nesta nova época seguiron demostrando que son un dos grupos máis importantes na historia do Reggae británico. No ano 2000 recibiron o premio MOBO pola súa destacada contribución ao legado da historia musical.
Discografía
1976 - Aswad 1979 - Hulet 1981 - New Chapter 1981 - Showcase 1982 - A New Chapter of Dub 1982 - Not Satisfied 1983 - Live and Direct 1984 - Rebel Souls 1986 - To the Top 1988 - Jah Shaka Meets Aswad in Addis Ababa Studio 1988 - Renaissance – 20 Crucial Tracks 1988 - Distant Thunder 1989 - Crucial Tracks (Best of Aswad) 1990 - Too Wicked 1990 - Next to You 1993 - Firesticks 1994 - Rise and Shine 1995 - Greatest Hits 1995 - Dub: The Next Frontier 1995 - Rise and Shine Again! 1997 - Big Up 1997 - Roots Rocking: Island Anthology 1999 - Roots Revival 2001 - 25 Live: 25th Anniversary 2002 - Cool Summer Reggae 2009 - City Lock
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ghetto In The Sky, canción da banda do ano 82, parte do álbum A New Chapter of Dub
Categoría:Grupos musicais de Inglaterra Categoría:Grupos musicais de reggae