Robert Lynn Hendershott, nado en St. Louis, Missouri, o 7 de agosto de 1898 e finado en Des Moines, Iowa, o 23 de marzo de 2005, foi un numismático estadounidense vinculado á American Numismatic Association e fundador de diversas entidades asociativas de carácter numismático.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Robert L. Hendershott naceu en Lindell Boulevard, en St. Louis, Missouri, o 7 de agosto de 1898, o maior dos sete fillos de Cordelia Bartlett e de Charlie D. Hendershott,Ganz, D. L. (1993). Páxina 1.075."Robert Lynn Hendershott (1898-2005)". En The E-Sylum. Vol. 24. Nº 48. 28 de novembro de 2021. un condutor de tranvía e posteriormente propietario dunha imprenta."A Tribute to Bob Hendershott". En The E-Sylum. Vol. 8. Nº 14. 3 de abril de 2005.

Iniciouse na numismática da man do seu avó paterno, Robert Morrison Hendershott, que era xefe de correos de Middletown, Missouri,Ganz, D. L. (1993). Páxina 1.076. e aos 12 anos comezou a súa propia colección de moedas, unha afección que continuou durante o resto da súa vida.Ganz, D. L. (1993). Páxina 1.074. Na súa infancia, completaba a súa colección cos cartos que lle reportaba o seu labor como repartidor de xornais, e na súa adolescencia como conserxe dunha oficina bancaria.

Logo dos seus infrutuosos intentos de se alistar para a primeira guerra mundial, ingresou na Universidade Washington en St. Louis e inscribiuse no Programa de Formación de Oficiais, mais a fin da contenda levouno a reconsiderar os seus intereses e matriculouse nun curso de banca no Gem City Bisiness College de Quincy, Illinois.

Carreira profesional Logo do seu período formativo, logrou o seu primeiro emprego en McComb, Illinois. Alí casou e, como a familia da súa muller tiña unha casa en Florida, a parella trasladouse a ese estado en 1925.Ganz, D. L. (1993). Páxinas 1.076-1.077.

En Florida traballou inicialmente como axente inmobiliario e logo decidiu volver ao sector bancario. En Tampa chegou a ser caixeiro auxiliar do Exchange National Bank. Aos poucos anos de chegar foi elixido secretario-tesoureiro da Asociación Latinoamericana e máis tarde presidente do Instituto Americano de Banca. Así e todo a súa posición no banco foi cuestionada e decidiu regresar ao sector inmobiliario, para o que se instalou en Davis Island, nos arredores de Tampa. O éxito neste novo proxecto levouno a crear unha cadea hoteleira na costa oeste de Florida.Ganz, D. L. (1993). Páxinas 1.077-1.078.

Hendershott retirouse da súa actividade profesional en 1975.

Dedicación á numismática E paralelamente ao seu labor profesional, a súa afección pola numismática levouno a fundar nesa cidade o Tampa Coin Club, e tamén se propuxo crear unha asociación de coleccionistas de todo o estado. En 1955, os seus propósitos tiveron éxito e fundou Florida United Numismatists, onde ocupou os postos de presidente e secretario, e posteriormente gozou da condición de membro vitalicio."Our History". Florida United Numismatists (Funtopics.com). Tamén contribuíu á creación da Sociedade Numismática de Florida-Xeorxia, unha entidade que tivo unha vida efémera. Durante un tempo, dedicouse tamén ao comercio numismático.Ganz, D. L. (1993). Páxinas 1.079-1.080.

Hendershott era membro da American Numismatic Association (ANA) desde 1931, entidade que en 1967 lle pediu inicialmente que se encargase das relacións cos patrocinadores en Florida e máis tarde o nomeou presidente xeral de exposicións. Tamén participou moi activamente no Programa de Representantes de Clubs da ANA. En 1989, xa aos seus 91 anos, Hendershott presentouse como candidato á xunta directiva da ANA, aínda que non logrou resultar elixido. O seu labor dentro desta entidade durante décadas, á que pertenceu durante 75 anos, fíxoo merecedor de varios dos seus galardóns máis prestixiosos.

Robert L. Hendershott tamén pertenceu a varias entidades numismáticas de ámbito internacional, entre elas a International Primitive Money Society e o Odd and Curious Money Club.

En 1994, Hendershott publicou un volume onde se catalogan as emisións de moedas, medallas e outros obxectos conmemorativos da Exposición Internacional de St Louis de 1904,Hendershott, R. L. (1994). The 1904 St. Louis World's Fair--the Louisiana Purchase Exposition: Mementos and Memorabilia. Kurt R. Krueger Pub. un acontecemento que de neno visitara co seu pai, cando contaba só con seis anos.

Vida persoal Hendershott casou o 6 de xuño de 1922 con Marguerite Hamilton, a quen coñecera cando traballaba en McComb, Illinois. Con ela tivo unha filla, chamada Jeanne.

Logo do falecemento da súa primeira esposa en febreiro de 1981, contraeu segundas nupcias con Marjorie Owen en 1983, que daquela era secretaria e tesoureira da Sociedade Numismática dos Estados Centrais e máis tarde presidenta. A parella pasou a residir entre Jefferson City, Missouri, e Clearwater, Florida.

Robert Lynn Hendershott finou en Desmoines, Iowa —o lugar de procedencia da súa segunda esposa—, o 23 de marzo de 2005, aos 106 anos.Smith, P. (2012)."Robert Hendershott". Legacy.com

Recoñecementos

1978: Nomeado Embaixador Numismático da revista Numismatic News, de Krause Publications."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (Funtopics.com). 1978: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 1986: Medalla o Mérito, da American Numismatic Association (ANA)."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1993: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA. 1995: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA. 1997: Premio á Traxectoria, da ANA. 1999: Premio Numismático do Ano, da ANA. 2000: Incluído no Salón da Fama da ANA."Numismatic Hall of Fame". American Numismatic Association.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ganz, D. L. (1993). "Robert L Hendershott: A Collector for Our Century". En The Numismatist. Vol. 106. Nº 8. Agosto. Páxinas 1.074-1.080. Smith, P. (2012). "Hendershott, Robert Lynn". En American Numismatic Biographies. Páxina 203.

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Washington en St. Louis Categoría:Coleccionistas Categoría:Centenarios Categoría:Personalidades sen imaxes