Ternua é unha marca vasca fundada en 1994 que produce roupa de montaña. Produce chaquetas, pantalóns, camisas, zapatos e accesorios, entre outros produtos. En 2025 a marca é adquirida por DIKAR, empresa pertencente á corporación Mondragón. Logo e nome de Ternua O logotipo, así coma o nome de Ternua son símbolos que gardan algún tipo de relación co País Vasco.
O logotipo de Ternua representa a cola dunha balea. Ao longo da historia, as baleas tiveron unha estreita relación co País Vasco. Os vascos pescábannas no golfo de Biscaia, como demostra a presenza da balea nos escudos de armas de varias vilas costeiras.
O nome Ternua fai referencia á illa de Ternua (nome éuscaro de Terra Nova), onde os vascos ían pescar bacallau e baleas, especialmente nos séculos XVI e XVII. O sitio web e as etiquetas dos produtos de Ternua adoitan indicar isto.
Notas
Categoría:Empresas do País Vasco