Airas Moniz SL é unha empresa galega dedicada á fabricación e distribución de queixos en Chantada.

Traxectoria

Constitución A data de constitución foi o 7 de xullo de 2011. Obxecto social: a preparación, o procesamento, a comercialización e a distribución do leite en todas as súas formas, como pasteurizado, esterilizado, homoxeneizado e similares, así como o seu envasado para a súa distribución final ao consumidor. O administrador solidario foi constituído por: Ana Vázquez Márquez, Xesús Mazaira Varela e Ricardo Gómez Rodríguez.

O enderezo social quedou no lugar do Outeiro, parroquia de San Salvador de Asma, concello de Chantada.

Nome A queixería colleu o nome de Airas Moniz, o trobador galego do último terzo do século XII e primeiro terzo do século XIII, cuxo nome completo era Airas Moniz de Asma, para homenaxear a terra na que traballan, a parroquia de San Salvador de Asma.

Transformación Dunha granxa intensiva, centrada na xenética e alta produtividade dos animais de raza Holstein (Gandería Outeiro Holstein SC) pasouse a un modelo de pastoreo extensivo coa raza Jersey, proceso realizado entre 2011 e 2017. Pasouse a elaborar queixo co leite das vacas que pacen nos prados. propios.

As vacas Airas Moniz traballa con máis de 100 vacas da raza Jersey pola calidade do seu leite, tanto en graxa coma en proteína. Son de cor marrón e poden pasar dos 400 kg de peso e producir unha media de 14 kg ao día de leite. Están especialmente adaptadas para alimentarse de pasto todo o ano, de herba seca e cereais. Non se lles dá silo.

Os produtos Airas Moniz comercializa estes produtos:

Terra: queixo de pasta branda e codia comestíbel, de sabor intenso e cor amarela. 28% de materia graxa. Pretende transmitir o sabor da terra onde pacen as vacas. Savel: queixo azul (vetas entre azul e gris verdoso e pasta amarela) que moi recendente que madura nunha cava na que se encontra o penicilium roqueforti. Dous meses de maduración. 38% de materia graxa. Cithara: queixo de pasta semicocida Manteiga Chantada: elaborada de forma artesanal con nata ácida.

Os seus produtos están presentes en varios países europeos (Reino Unido, República Checa, Polonia, Alemaña)..., en Canadá e teñen previsto chegar aos Estados Unidos.

Tamén traballa na implementación de envases sostibles, colaborando con centros tecnolóxicos e institucións públicas, nun enfoque que lle permite posicionarse como empresa aliñada con Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Airas Moniz oferta visitas guiadas á explotación e queixería, tamén catas de produtos e degustacións.

Ampliación A empresa ten prevista unha nave no polígono chantadés Os Acivros para producir nata levedada e manteiga nun proxecto realizado en común coa Aula de Produtos Lácteos do campus de Lugo da USC.

Premios

2021: Savel, Premio Comer, Diario La Vanguardia. 2021: Savel, Premio Alimentos de España. 2021: Savel, no Salón El Gourmet de Madrid: Premio Mellor Queixo Azul 2020 e Premio Mellor Queixo de España 2020. 2022: Savel, Medalla Super Gold, World Cheese Awards Oviedo 2021. 2022: Varios premios no Salón El Gourmet de Madrid. 2024: Savel, Premio ao mellor queixo azul de España nos Salón Goumet. 2025: Savel, premio Súper ouro dos Premios Champion Gold na categoría internacional para queixos de exportación. 2025: Airas Moniz Billó de Ouro outorgado polos concellos da comarca de Chantada (Taboada, Chantada e Carballedo). 2025: Medalla de prata no Mundial du Fromage de Tours. 2025: World Cheese Award modalidade ‘Es la leche’ polo xeito de coidar o gando. 2026: O Salón Gourmets otorgou a Savel o premio absoluto por segunda vez. 2026: O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a entrega dos premios Food of Spain aos mellores queixos 2026, onde o queixo Savel foi coroado como o mellor de todo o país na categoría de queixo madurado con mofos ou queixo azul.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Airas Moniz, un proxecto que sabe a queixo e emocións, 2015. Canle Ribeira Sacra. Coñecemos a elaboración do queixo 'Terra' de Airas Moniz, entre os mellores de España. Televinte.

Categoría:Empresas de distribución Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Chantada